Esta temporada contaremos cun novo equipo na Terceira Autonómica, o Friol CF «B». Hoxe falamos con Rafa Casanova, presidente do Friol CF e adestrador do Friol CF «A», para saber máis acerca do interesante proxecto. Cómpre destacar que Rafa Casanova compaxina as súas labores de adestrador e presidente sendo tamén xogador do Ribadeo, equipo lucense da Preferente.Velaquí a entrevista:
FUTBOLINLUGO: Ola Rafa. De onde sae a idea de crear un filial para o Friol CF?
RAFA: O ano pasado como adestrador estaba moi comprometido á hora de facer as convocatorias, porque contaba con 24 xogadores e tiña que deixar nove fóra, ademáis todos cumplían. Había tamén algún rapaz que saía de xuvenís que non podían xogar por unha norma de Federación, e eses foron os principais motivos.
FUTBOLINLUGO: Entón, cal vai ser o obxectivo básico do novo equipo?
RAFA: Continuidade. Buscamos que os rapaces máis novos xoguen, gañen minutos… e cando estean preparados para dar o salto ao primeiro equipo, subilos.
FUTBOLINLUGO: En canto a obxectivos a nivel clasificatorio, cales serán de cara a esta temporada tanto para o «A» como para o «B»?
RAFA: Competir, como sempre. En cada partido, respetar a todo o mundo, disfrutar e ilusionarse como nenos, e que poidan estar o máis arriba posible. Con eso bastaría.
FUTBOLINLUGO: Xa superastes a cifra de 300 abonados que pediades na vosa campaña de captación de abonados. Estades satisfeitos?
RAFA: Si, superada con creces. Onte mesmo fixemos o socio 331, así que o vídeo si é certo que deu resultados.
FUTBOLINLUGO: A nivel persoal, como compaxinas ser adestrador, presidente e xogador?
RAFA: Pois coa axenda apretada, ademáis acabo de ser pai hai quince días, e si que é complicado levar un club con dous equipos, con poucas axudas, agora mesmo está todo bastante descontrolado, pero agardo que en setembro estea todo máis tranquilo.