Preferente Galicia 2021 2022

Estas serán as datas sinaladas da Preferente

Fai apenas unhas horas que coñecemos o calendario na Preferente para esta 21/22, onde a nosa provincia estará representada por sete equipos repartidos por toda a xeografía lucense. Seis dos nosos equipos debutarán o domingo 19 de setembro, pois o Lemos terá que agardar unha semana máis ao descansar na primeira cita. Así, estes serán […]

Pablito, Chanta Atlético

Diario dun Mercado. Episodio 236

A actividade dos nosos clubes non para. Coas pretemporadas a piques de comezar ou xa iniciadas, os conxuntos lucenses ultiman os seus corpos técnicos e os seus cadros de futbolistas. É o caso, por exemplo, da referencia do fútbol feminino provincial, o PM Friol, que vén de incorporar a unha nova futbolista: Anabel Hurtado de […]

Dani Moirón: «A fichaxe polo Ribadeo foi sorprendente ata para min»

Xullo comezou intenso nos equipos da provincia. O coñecido como mes da sega está sendo un auténtico mes de cambios nas estruturas balompédicas lucenses. Unha boa mostra é o noso habitual #DiarioDunMercado. Un dos movementos máis sorprendentes das últimas horas situámolo en Ribadeo. Rafa Casanova non vai continuar como adestrador no Pepe Barrera. Decisión inesperada […]

Diario dun Mercado. Episodio 204

Nas últimas datas, o mercado está que non para. Tal e como vimos comentando, os clubes preparan pouco a pouco o retorno aos terreos de xogo. Agardemos que nos próximos meses os organismos competentes fagan oficial a volta do noso deporte e, a partires de aí, regresar á normalidade futbolística que tanto botamos en falta.

Diario dun mercado. Episodio 200

Os conxuntos da provincia buscaron novos futbolistas noutros equipos das súas comarcas, aproveitando que non haberá competición nas demais categorías

Entón… xogamos ou que?

Aquí contamos o que fará cada club coa nova Preferente

Os clubes aceptan resignados a suspensión da Preferente

O conto de nunca acabar. O 8 de marzo de 2020, os clubes lucenses de Preferente xogaron o último partido ata o día de hoxe. A RFGF, deseosa de revertir a situación, decidía fai apenas unha semana que a Preferente Norte comezaría de novo o 31 de xaneiro de 2021. Porén, despois de dar o […]

Diario dun mercado. Episodio 196

A temporada 20/21 será recordada pola súa brevidade. Ademáis, tamén quedará na nosa memoria porque -a priori- no fútbol afeccionado masculino tan só se disputarán a Terceira División e a Preferente, ambas divisións con modificacións no formato de competición ao que estabamos afeitos fai pouco máis dun ano.

E agora… que facemos?

Fai xusto unha semana que falabamos cos distintos clubes de Preferente para saber se retomaran a súa actividade. Todos eles indicaban que non, que ata que a Federación Galega sacase un comunicado coas datas de inicio, non darían o pistoletazo de saída. O destino, caprichoso coma sempre, quixo que tres días despois, o martes 15, […]

Que pasará coa Preferente na 2020/2021?

Decembro. En apenas vinte días, xaneiro. Cantos de nós teríamos tomado por tonto a aquel que nos dixese fai 12 meses que iamos estar sen fútbol a estas alturas. A situación socio-sanitaria aínda non permitiu xogar coas garantías necesarias. Porén, comezan os rumores entre a xente de fútbol: «quizais xoguemos desde febreiro», «seica non vai […]

Os clubes opinan sobre a nova Preferente

Fai uns días, a Futgal reuníase cos clubes da Preferente Galicia para falar de como se desenvolverá a competición na temporada 20/21, na que será unha ardua tarefa completar as ligas sen paróns. Por iso, a nova Preferente constará de catro subgrupos (dous correspondentes á zona norte e dous á zona sur).

O anecdotario: O bigote introvertido, por Daviz Comor

Unha anécdota que se poda contar…? Que se poda contar… mmm, difícil… A de ir plantar un pino antes do quecemento e «romper fibras»? mmm non…, que coa de Viusky xa chegou pa historias de WC. Tendo en conta que isto pódeno ler nenos, redúcense moito as opcións. Pero aí vai. Non recordo o ano […]