Preferente Galicia 2021 2022

Estas serán as datas sinaladas da Preferente

Fai apenas unhas horas que coñecemos o calendario na Preferente para esta 21/22, onde a nosa provincia estará representada por sete equipos repartidos por toda a xeografía lucense.

Calendario completo

Seis dos nosos equipos debutarán o domingo 19 de setembro, pois o Lemos terá que agardar unha semana máis ao descansar na primeira cita. Así, estes serán os primeiros partidos con tinte lucense na 21/22:

Domingo 19/09:

  • Atlético Escairón-CD Santaballés: derbi provincial para comezar a temporada.

  • Montañeros-Foz: os forenses visitarán A Coruña.
  • Residencia-Betanzos: estrea na casa dos branquiazuis.
  • Sarriana-Galicia Mugardos: un dos favoritos xogará o primeiro partido na Ribela.
  • Ribadeo-Victoria: o Pepe Barrera poñerase de gala para recibir ao Victoria.

Domingo 26/09:

  • Club Lemos-Sarriana: derbi moi emocionante que suporá o debut dos do Cabe.

Outras datas sinaladas por todo amante do fútbol afeccionado serán os derbis mariñáns entre Ribadeo e Foz (28 de novembro a ida e 6 de marzo a volta), os duelos entre Escairón e Lemos nos que se disputarán a coroa comarcal (o 31 de outubro e o 6 de febreiro), ou os enfrontamentos entre Sarriana e os veciños das Pontes, que terán lugar nas xornadas 11 e 24.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario