A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, ante o Atlético Taboada. Na procura do erro do Guntín, atópase a S.D. Paradela, segundo a tan só un punto do primeiro posto. Precisa unha victoria ante o Quiroga e un erro do seu adversario para acadalo liderato.

No grupo que loita polo ascenso directo, Goiriz, Corgo e O Incio xa acadaron o seu billete para desputala vindeira campaña en Segunda Autonómica. Os dous postos restantes teñen tres firmes candidatos: Comercial, Sober e Cervo-Sargadelos. O Domingo ás 17 horas (horario unificado) comezan os encontros decisivos.

A.D CATRO ROLDAS – S.G. COMERCIAL

O equipo que, a priori, parte con máis opcións de acadalo ascenso é a Comercial. Cuarto clasificado con un punto máis que o Sober e dous por enriba do Cervo. Os lucenses xogarán en Román ante un Catro Roldas que non pon en xogo nada máis que a honra de acadala victoria ante a súa afección. Para Lolo, vicepresidente da Comercial, asegura que «non contábamos con vernos nesta situación. A día 1 de xullo non tiñamos xogadores e gracias aos adestradores logramos facer un gran grupo que comezaron a esixirse o ascenso e chegamos a estas alturas con posibilidades«.

A S.G. Comercial vén de gañar na última xornada como local a O Incio, xa ascendido. Este triunfo permitiu aos pupilos de Miguel chegar ao encontro decisivo nunha situación privilexiada. Tal e como nos indica Lolo «esta fase de ascenso existe unha gran igualdade, tanta que a Fonsagrada, líder na primeira parte do campionato chega sen opcións. Pero a miña sensación é que os chaveles teñen unhas ganas enormes de ascender, polo gran empeño que puxeron. Temos un equipo moi xoven, e en Terceira hai xente moi experimentada, pero son optimista«.

Malia ser o mellor clasificado dos tres equipos en liza, a Comercial se non quere mirar pra outros campos debe gañar o seu encontro, debido a ter o golaverage en contra con Sober e Cervo. Lolo, consciente desta situación saca presión ao seu equipo, «é unha variable que está ahí, sabemos dela, pero non temos absolutamente ningunha presión. Desde a directiva preocúpanos moito máis manter o bloque que temos que logralo ascenso. Se non pode ser esta temporada, ben seguro que será a seguinte, xa que temos rapaces que realmente teñen nivel para unha ou dúas categorías superiores«.

O campo da Canteira será testigo dun dos encontros clave desta temporada en Terceira

C.D. CORGO – C.D. SOBER

O campo da Reigosa albergará outro encontro no que se pode decidir un dos ascensos de categoría. O equipo local, xa co ascenso logrado recibe ao Sober, que agora mesmo ocupa a última das prazas de ascenso. Os da Ribeira Sacra tropezaron na casa na última xornada ante o Catro Roldas e tiveron que agardar ao derradeiro partido pra poder certificalo ascenso.

Para Ricardo Bernárdez, presidente do clube soberino «imos intentar sacalos tres puntos que nos den o ascenso directo e se non é posible só quedará agardar ao que ocorra noutros campos. De tódolos xeitos, pase o que pase foi unha gran temporada, pero confiamos en logralo obxectivo«.

S.D. CERVO SARGADELOS – C.D. GOIRIZ

O Cervo é o único equipo implicado na loita polo ascenso que xoga o seu encontro como local. A Bidueira será o esceario dun partido clave para a súa escadra, desexosa de abandoar a Terceira Autonómica. Non será doado, xa que, non depende de si mesmo. O equipo mariñan atópase un punto por debaixo dos postos de ascenso, logo de amosarse moi irregular durante a fase de ascenso. «Os equipos son moi parellos e calquera che pode gañar. Nós non soubemos entrar ben na competición, na casa estivemos horribles, só sacamos tres dos quince puntos posibles», puntualiza Iván Pernas, adestrador mariñán.

O conxunto cervense caeu derrotado o pasado domingo no campo do Fonsagrada, o que foi un pao importante. Para Iván Pernas «encaixamos o gol moi rápido, logo puidemos marcar pero fallamos moito e en defensa non estivemos nada ben. Non soubemos ler o partido«. Agora teñen que esperar un tropezo de Comercial ou Sober para poder festexalo salto de categoría. «O mellor é que con calquera dos dous equipos temos o golaverage gañado. Se nós logramos a victoria obrigamos a lograla victoria ao resto, non lles serve o empate. Pero o Goiriz será un rival complicado, malia que teñan o ascenso logrado non nos van regalar nada. Igual nos serve o empate se o Sober perde no Corgo, pero sairemos a gañar. Iremos a por todas«.

O Cervo tentará mellorar a súa imaxe na Bidueira para alcanzalo ascenso. Foto: El Progreso

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

Racing Vilalbés – C.D. Arenteiro (Domingo ás 17:30 na Magdalena): un triunfo dos de Gilsanz pode deixar ao equipo chairego a un só paso do play off de ascenso. Os do Carballiño loitan por eludir os postos de perigo debido aos probables arrastres.


Preferente Norte

Atlético Escairón – Boimorto C.F. (Domingo ás 18 horas no Municipal do Saviñao): logo do empate ante o Ribadeo, o Escairón afronta un encontro vital, que deberá sacar adiante para seguir con vida na pelexa pola permanencia. O rival, no caso de gañar, daría un paso de xigante.

C.D. Castro – Polvorín S.D. (Sábado ás 18 horas no Arturo Pereiro): os de Javi López, logo da última derrota ante o Estudiantil, apuran as últimas opcións de chegar aos postos de promoción. O filial lucense buscará seguir no liderato e poñer un peldaño máis cara o ansiado ascenso.

O lateral Pablo Rey é un dos fixos na alineación do Polvorín

Primeira Autonómica

Sporting Pontenova – S.D. Sarriana (Domingo ás 17 horas na Mina): o líder, coa intención de certificalo ascenso canto antes, visita a un Sporting coa moral alta logo do último triunfo, pero necesitado de puntos para saír dos postos de perigo.

O conxunto adestrado por Dani Moirón buscará dar a campanada ante o líder

S.D.C. San Roque – A.D.C. Valadouro (Domingo ás 17 horas no Polvorín): encontro entre equipos que se poden ver afectados polos temidos arrastres. O que acade os tres puntos terá moito camiño andado.

Segunda Autonómica

Iberia C.F. – U.D. Folgueiro (Domingo ás 17 horas nas Valgas): os de San Miguel serán xuices do ascenso. Os do Vicedo non poden pinchar nas Valgas se queren chegar á derradeira xornada con opcións de subir a Primeira.

Varios equipos estarán pendentes do que suceda nas Valgas

S.D. Oural – Chantada Atlético (Domingo ás 17 horas no Luis Pallín): os chantadinos buscarán certificalo ascenso de categoría ante un Oural que viu como nos dous últimos encontros escapáronlle boa parte das súas opcións. De tódolos xeitos un triunfo dos locales mantenos con vida ata a última xornada.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*