Un mércores máis, chegan os mellores tweets da semana á web de Futbolinlugo. Presentamos novidades na sección, pero tamén contamos con habituais da mesma!
- O primeiro tweet correspóndelle a un clásico da sección, o Fonsagrada FC. Esta semana está aquí pola grabación dun dos seus goles contra o San Román!
1-0 contra San Román pic.twitter.com/V6fsp2Nq5q
— FonsagradaFC (@FonsagradaFC) 3 de marzo de 2017


- O segundo ten a orixe en Ribadeo, no Pepe Barrera. Os mariñanos son conscientes do gran derbi que se vai vivir esta fin de semana ante o Polvorín e contan cunha suculenta oferta!
Este domingo ven ao Pepe Barrera, necesitamos o teu apoio!???????? pic.twitter.com/V8lXAe5vzQ
— Ribadeo FC (@RibadeoFC) 7 de marzo de 2017

- O último tweet está protagonizado polo Quiroga FC, clube que puxo de manifesto o bo rollo do vestiario nesta imaxe.
Grandes! Os galadiadores do San Martiño. Un pasiño máis preto#VamosQuiroga #HaiQueRoelosComoChourizos pic.twitter.com/cCQxTlBrDA
— Quiroga Fútbol Club (@QuirogaFC) 6 de marzo de 2017
Como cada semana, agradecemos aos distintos clubes e seguidores a súa interacción!
