Borja Díaz e Álex Freire marcaron cadanseus dous goles nos triunfos do Castroverde e do San Lázaro. Foron os primeiros da temporada na sétima xornada de liga da Segunda Futgal. O Folgueiro segue líder no norte. Mentes que no sur, circunstancia curiosa, o Becerreá perdeu por primeira vez no curso pero é o novo líder. Contámolo en #ONoso11AChaira.
Cinco vitorias do Folgueiro e do Cabreiros
O equipo vicedense sumou a quinta vitoria da tempada ao superar ao Guitiriz (0-3). É lider por segunda semana seguida, acumula 17 puntos e segue sen perder. O Guitiriz sufriu deste xeito a primeira derrota do curso. Fica na 11ª posición con 8 puntos.
A pesar do que di o resultado, foi un encontro moi desputado, como adoitan ser no Suso Cruz. No toma e daca dun ritmo alto de partido saíron vencedores os visitantes. A pegada resultou chave para o Folgueiro.
Iago García foi un dos protagonistas do encontro cun dobrete. O viveirsene xa avisara con anterioridade e, á media hora de xogo, non fallou ao quedarlle o balón a pedir de boca tras un rexeite do porteiro Jesús.

Ao pouco de comezar o segundo tempo, Iago volveu marcar para sumar o seu cuarto gol de liga. Os locais gozaron de varias oportunidades para lograr puntos, pero non estiveron acertados. Antes da recta final, o Folgueiro sentenciou por medio de Ángel.
No Guitiriz, foi titular por vez primeira esta temporada co equipo sénior Asier Bao. O mediocentro continúa causando unha gran sensación nestas incursións co cadro dirixido por José Manuel Lorenzo.
O Cabreiros tamén logrou o quinto triunfo da campaña nun encontro con moitos goles ante o Casás (4-5). O club xermadés ocupa o posto de promoción de ascenso con 15 puntos, a dous do líder. Pola súa parte, o Cazás volve quedar cerca de puntuar, pero continúa sen gañar. Ten dous puntos e é penúltimo.
Comezaron mellor os locais, que incluso desaproveitaron un penalti. O Cabreiros foi medrando no partido e marchou ao descanso con dous goles de vantaxe. Sergio Hermida e Riobó marcaron.
O Casás logrou recurtar diferenzas nada máis comezar a segunda parte. Luis anotou. Con todo, o Cabreiros conseguuiu dous tantos máis por medio de Joan e Totti.
Nada máis lonxe da realidade, en pouco máis de dez minutos tolos, os locais empataron. Maira cun dobrete e Alberto Herrero puxeron as táboas no marcador. Para máis inri, o Cabreiros quedou con 10 por expulsión de Riobó.
Cando todo parecía que se lle complicaba para os pupilos preparados por Saúl Méndez, Chema, nunha gran xogada individual, asistiu a Jordano, que marcou o quinto gol e deulle a vitoria aos seus.
O Goiriz e o Riotorto nos 14
O Goiriz confirmou o seu bo inicio de liga cun empate ante o Pastoricense (2-2). O conxunto do Ventiño fai da súa casa un fortín (2 triunfos e 2 empates). O Goiriz é 3º con 14 puntos, tres máis que o seu rival, que queda 8º.
Foi un encontro con moito xogo directo e onde adquiriron moita importancia as segundas xogadas. O Pastoricense deu o primeiro golpe cun tanto de Brais. Con todo, a saída dun córner, Muñiz puxo o empate.
No segundo tempo, houbo un tramo no que os visitantes se fixeron co control do encontro e lograron volver marcar por medio de Borja Corbelle. Sexto gol da temporada para o futbolista de Crecente.
Non obstante, o Goiriz buscou o empate e atopuno. Novamente por medio de Muñiz e a balón parado. O central completou o seu dobrete e suma xa 5 goles nesta liga.
O Riotorto tamén suma 14 puntos na clasificación, logo do seu triunfo ante o Sporting Pontenova (4-1). Cuarta vitoria dun Riotorto que fica na 4ª praza. O club pontenovés queda con 8 puntos na 12ª praza.
Nun duelo de proximidade no que ambos equipos querían resarcirse, despois de vir de perder, o Sporting Pontenova comezou mellor. Púxose por diante por medio de Óscar Amor.
Á media hora de xogo, Osky empatou nun penalti moi criticado polos visitantes. Xusto antes do descanso, Osky anotou o segundo, pero o Riotorto quedou cun xogador menos pola expulsión de David Echavarri.
Lonxe de perder o control, no segundo tempo o Riotorto seguiu sendo protagonista e marcou dous goles máis. Primeiro Yerai e logo Osky, que completou o seu hat-trick. O tramo final de partido o Riotorto xogouno con 9. Foi expulsado Jaime Pernas. O central de Román gozou da súa primeira titularidade, tras incorporarse hai poucas semanas ao equipo. Comparte vestiario co seu irmán Pedro.
O Alfoz mantense invicto e con sesión vermú
O Alfoz mantense invicto logo de superar ao Celta Barreiros (3-1). Encontro de proximidade especial para Adri Marrube, técnico do Celta Barreiros e ex xogador do Alfoz.
O Celta Barreiros comezou marcando, aínda que tiña a baixa de Rocky, o seu goleador máis en forma. Javi Andina puxo por diante aos seus.
Con todo, o Alfoz xa remontou no primeiro tempo. Primeiro, cunha falta directa que enviou a dentro da portería rival Pablo. Novamente a balón parado, antes do descanso, o Alfoz anotou o segundo por medio de Ramos.
A volta dos vestiarios, os visitantes intentárono pero o encontro entrou nunha fase de pouco fútbol e moito xogo detido. Os locais lograrían a sentencia co terceiro a través de Cici.
Aínda o peor de todo para o Celta Barreiros foi a lesión de Alejandro López Pita. Mancouse nun xeonllo e tivo que marchar do campo en ambulancia. O xogador está pendente de máis probas médicas.
Ao rematar o partido, novo terceiro tempo no Municipal. Este foi con sesión vermú ao xogarse o encontro ao mediodía.
Terceiro triunfo da tempada para o Xermade
O club xermadés superou ao San Ciprián (4-0). Suma 12 puntos e . En cambio, o Sanci segue sen gañar. Ten un punto e aínda non conta con novo adestrador tras a marcha de Javi Ruiz.
Os locais dominaron na maior parte do tempo de xogo. No primeiro acto marcaron dous goles por medio de Jose Adega e Chungui.
Co partido controlado chegaron dous goles máis na segunda metade. O centrocampista Jose marcou outro para asinar un dobrete. Nos últimos minutos tamén marcou Nando.
Outra boa nova da semana para o Xermade é que xa adestra Mario Fraga. O pontés sufriu unha grave lesión de xeonllo o pasado decembro na Pontenova. Foi operado en xaneiro deste ano e nos últimos días xa traballou sobre o céspede. O grupo preparado por Borja Bouza espérao.
Tres vitorias seguidas do Meira
En tres xornadas o Meira plantouse na zona media alta da clasificación. Tras un mal inicio, venceu de xeito consecutivo o , o e a Candelaria na última xornada (4-2). Queda cun punto máis que o seu rival da pasada fin de semana.
O cadro meirego fixo valer o seu poderío na Lomba. Foi un encontro equilibrado que se decidiu na segunda parte.
Non houbo goles no primeiro tempo. No segundo acto, emerxeu, entre outros a figura de Seixosmil. Puxo por diante aos seus. Con todo, os visitantes lograron a remontada momentánea cun dobrete de Manu Martínez. 10 goles na temporada acumula o dianteiro burelao.
Volvou aparecer Seixosmil para igualar e Erik para marcar o terceiro. Xograon 10 contra 9 e sentenciou o Meira co cuarto do canteirán Jose.
O Castroverde gaña de tres por primeira vez
No sétimo partido logo do seu ascenso, o Castroverde estreou a súa puntuación. Fíxoo ante un rival directo como é o Matela (4-3), equipos que veñen de lograr o seu regreso a Segunda.
A Veiga do Olmo non adoita ser pista de aterraxe, pero o Castroverde saíu como un avión. Catro goles en apenas uns vinte minutos. De falta directa e en xogada persoal, Borja logrou dous goles. Coto viu adiantado o porteiro rival e disparou dende lonxe para facer o terceiro. Pablito aproveitou un rexeite para empurrar o balón e facer o cuarto.
O Matela intentou solucionar o inicio e gozou dun par de boas ocasións. Recurtaron distancias antes do descanso por medio de Pablo Porto.
Á volta dos vestiarios, o propio Pablo anotaría o segundo. O Castroverde tratou de defender e acabar de sentenciar á contra. Xa no tramo final, o Matela conseguiu o terceiro por medio de Jorge, sen case tempo para máis.

O Becerreá é o novo líder a pesar de perder
Circunstancia anómala o que ocorreu esta xornada no primeiro posto do grupo sur. O San Roque e o Becerreá sufriron as súas primeiras derrotas da temporada. Con todo, do balance de goles sae beneficiado o Becerreá que queda primeiro igualado a puntos co San Roque.
O Becerreá perdeu na súa visita aos Chacotes co Palas (2-0). O conxunto palense ascende á 7ª praza con 9 puntos.
Os locais comezaron mellor, pero logo deixáronlle o dominio da pelota a un Becerreá que non soubo xestionalo de todo ben. O encontro decidiuse no tramo final. Nunha acción a balón parado, Álvaro marcou o primeiro. Javi Vázquez logrou o segundo.
O San Roque perdeu na casa ante o Ferreira (1-4). Fica cos seus 16 puntos, mentres o Ferreira suma 8 ao conseguir o segundo triunfo.
Quizais o resultado sexa algo enganoso, polo menos no visto á hora de xogo. Tsotne puxo por diante ao San Roque. Iso si, o Ferreira empatou case ao momento por medio de Oski. Antes do descanso, Fagín puxo xa por diante aos visitantes.
Tivo algunha opción para empatar o San Roque, pero de novo Fagín deulle máis vantaxe aos seus. Rafa sentenciou ao final.
Mérito tamén no Ferreira para o atacante Dani Bernárdez, que tivo que exercer de gardamallas ante a ausencia por lesión de Adri García. Aínda que non era a primeira vez que poñía as luvas, cumpriu nunha cita de nivel.
Cuarta vitoria seguida do Santa Comba
O Santa Comba xa volve estar asentado nas posicións nas que merodeou a tempada pasada. Quinto triunfo do curso e cuarto consecutivo ao vencer ao Sober (1-0). O conxunto visitante mantense sen gañar, agora na última posición.
Nun centro lateral aos cinco minutos de partido, Núñez marcou o único tanto do partido. Intentouno o Sober, con máis incidencia no segundo tempo, pero non foron capaces de xerar ocasións claras para igualar.
Igualdade entre a canteira chantadesa e ulloana
O Chantada B e o Monterroso B igualaron no duelo de filiais da xornada (2-2). O filial monterrosino é 5º con 11 puntos e un partido menos, o Chantada B é 10º con 8.
O Monterroso B foi superior nos primeiros 45 minutos. Marcou dous goles en media hora e dispuxo do control do xogo e das ocasións. Primeiro marcou Yoni Mejuto e logo Iván Ramos.
Con todo, antes do tempo de lecer, Jackson marcou para o Chantada B e deixou aos seus moi vivos para o segundo tempo. Aí, novamente Jackson, igualou para os seus. Despois, ambos equipos gozaron dalgunha oportunidade de gol para gañar os tres puntos pero ningún estivo acertado.
Rozados superou a Vázquez no duelo dos Brais
Partido de cercanía entre dous equipos que tratan de seguir mellorando e mirar cara arriba. O Antas, adestrado por Brais Rozados, presentouse na Reigosa con tres puntos máis que o Friol, preparado por Brais Vázquez. Finalmente marchou con seis de diferenza (2-4). Acumula 11, polos 5 dun cadro friolés que quedou a beira do descenso directo.
Máxima efectividade dun Antas que comezou gañando na Reigosa cun gol de Hugo. Antes do descanso, o Friol remontou o tanto inicial do seu rival cos tantos de Bruno e Dani Roca.
Con todo, no segundo tempo, o cadro visitante deulle a volta ao marcador en poucos minutos grazas ao olfacto goleador de Alejandro García ‘Portu’. Anotou un hat-trick. Sete goles leva o xogador de 19 anos de Antas.
Co 2-3, o Friol puido igualar a balón parado, pero o que chegou foi a sentencia do Antas co cuarto tanto.
Quinto partido invicto dun Portomarín con Adri González de titular
O Portomarín sumou o segundo triunfo do curso e o seu quinto encontro seguido sen coñecer a derrota. Superou ao Lemos B (4-0). Adri González, que acaba de volver ao equipo da súa vila tras uns anos fóra, foi titular por segunda vez e mantivo a súa porta a cero.
Casualmente, o último equipo de Adri González foi o Puerto de Vega, o club asturiano do concello de Navia – próximo á nosa provincia – que cogou este xoves a rolda de Copa do Rei co Celta.
O cadro preparado por Diego Rey é 8º con 9 puntos, dous menos que o seu rival Lemos B que se mantén arriba, na 11ª praza.
Os locais comezaron ben e adiantáronse ao cuarto de hora por medio de Caloto. O filial quedou cun futbolista menos no primeiro tempo por expulsión de Adrián.
Aínda así, aguantou ata á hora de xogo, cando Juanillo anotou o segundo de penalti. Máis tarde Arturo marcaría o terceiro e, xa no final, Pedro, tamén de penalti, fixou o resultado nos catro goles.
A veteranía do Paradela leva o duelo próximo coa Sarriana B
A maior veteranía do Paradela superou a xuventude da Sarriana B pola mínima (0-1). Os dous equipos quedan moi preto na clasificación, con 8 puntos para o Paradela e 7 para o filial.
Os pupilos preparados por Raúl Fernández Leizán dominaron o xogo coa posesión do balón, pero faltoulle profundidade para xerar ocasións máis claras. Ao comezar o segundo tempo, o Paradela marcou a saída din corner por medio de Juan.
O cadro visitante xogou co resultado ante unha Sarriana B, que non foi capaz de xerar ocasións suficientes para igualar. Ambos equipos quedaron cun xogador menos por expulsión de Juan (Paradela) e Sandro (Sarriana B).

Primeiro triunfo do San Lázaro
O San Lázaro logrou o primeiro +3 do curso ante O Páramo nas Rapadas (1-3). O cadro preparado de Manel segue en descenso, pero xa se quitou este peso de en riba. Queda con 4 puntos, polos 8 dun Páramo que é 11º.
Encontro igualado desequilibrado por un penalti no primeiro tempo. Álex Freire non errou dende os once metros.
No segundo tempo, os locais empataron por medio de Zouma, cando tiveron os mellores minutos. Non obstante, noutro balón ás costas Álex Freire asinou o seu dobrete e deulle a vitoria aos seus.


