#Sin categoría #Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os destacados da 25ª xornada na Segunda

A 25ª xornada na Segunda Futgal reafirmou momentaneamente o liderado do Iberia na zona norte e a igualdade persistente na zona sur.

A continuación rescatamos os futbolistas máis destacados nunha nova entrega de ‘O Noso 11 A Chaira’.

A maior sorpresa da xornada estivo no triunfo do Mondoñedo ante o Folgueiro. O cadro mindoniense está moi vivo na pelexa por lograr a salvación e, incluso, escapar das posibles posicións de arrastre. O gol clave do triunfo marcouno o lateral Christian.

Unha permanencia pola que pelexan principalmente Guitiriz, Mondoñedo, Piringalla e Muimenta. O cadro do Pichón é o que ocupa a praza de descenso. Nesta última semana reforzouse coa chegada de Diego Núñez e Oladipo Oladapo.



O Cabreiros fuxiu máis desa pelexa ao gañarlle ao Cospeito. Nese partido salientou o hat-trick en seis minutos de Sergio Díaz. Os tres puntos permítenlle aos de Isaac Rouco sobrepasar os 30 puntos.

Segue mirando a liga con tranquilidade o Alfoz, que lle venceu ao Muimenta e deixou a porta a cero, salvagardada nesta ocasión por Bozzom.

O San Cirprián levou o derbi coa Candelaria nun partido sen presións clasificatorias para ningún equipo. Iso si, a honra de quedar por riba do veciño é unha boa meta de aquí a final de tempada. Polo momento, mandan os de San Cibrao con cinco puntos máis. Ramiro foi un dos xogadores destacados do derbi dende a súa posición de central.



O Casás mantén a mellor xeira de vitorias do grupo e está na pelexa, cando menos, pola segunda posición. Ao igual que o Riotorto e o Celta Barreiros.

Na zona sur, gañaron os actuais catro primeiros clasificados: Santa Comba, Brollón, San Roque e Brollón. O Paradela, sen Eros por lesión e a pesar da boa actuación de Betote, cedeu tres puntos ante o Friol. O Ferreira perdeu unha das súas últimas opcións de engancharse ao tren de cabeza, ao perder co Santa Comba.

O Friol, co máximo goleador Dani Roca, o Palas e o Portomarín consolídanse na zona media da táboa.

Na parte baixa da clasificación só triunfou o Lemos B. O filial amosou toda a súa capacidade goleadora no día idóneo. Goleou a un rival directo como o Rubián e colle aire nesa pelexa tamén moi igualada por fuxir dos postos de abaixo.

Antas e O Páramo con máis marxe, O Incio, Lemos B, Chantada B e Rubián xóganse a salvación nas últimas xornadas. O Quiroga ten opción matemáticas, pero os 11 puntos que leva sumados polo momento en toda a temporada, réstanlle posibilidades na recta final.



Os destacados da 25ª xornada na Segunda

O bo facer do Pol permítelle soñar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *