Palabra de… Alex Meitín: «Un clube histórico nunha temporada difícil»

[themoneytizer id=»15360-28″] – Case cen anos de historia avalan a a este equipo como un dos máis coñecidos e laureados non só na provincia, senón tamén en Galicia. Anos na Preferente, anos na Terceira galega e diversas promocións de ascenso a Segunda División B. Pero sen irnos máis aló, a realidade agora é outra. Un […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 37) e Preferente (Xornada 35)

Histórica xornada para o fútbol lucense. O Rácing Villalbés disputará a súa segunda fase de ascenso a Segunda División B. A falla dunha xornada para o remate da competición ligueira, os de Óscar Gilsanz certificaron o seu billete. Cun rendemento por enriba do esperado, os chairegos pelexarán por entrar na División de bronce do fútbol […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

Que foi de . . . Carlos Devesa: un defensa dos de sempre, un nostálxico do fútbol popular

Falar do fútbol mariñán é facelo, entre outros moitos, de Carlos Devesa (Foz, 1973). Un amante do fútbol sobre tódalas cousas, pero dese fútbol que agora se bota de menos, do popular. Do que nos anos 90 ateigaba as gradas de Cantarrana, do Martínez Otero ou dun Viñas da Veiga que vía como a S.D. […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Rego (C.D. As Pontes): «Seremos catro equipos os que loitemos polo ascenso a Terceira»

Quixemos traspasalas fronteiras da nosa provincia para falar cun vello coñecido do noso fútbol, o central viveirense Rego, que agora defende as cores do C.D. As Pontes na Preferente Norte. Logo de toda unha vida no Viveiro C.F., no cal era o capitán, e tan só un breve periplo no Iberia e Xove Lago, esta […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – E.D. Lourenzá: o líder recibe un aspirante ferido

Este domingo ás 17 horas na Marosa dispútase un encontro que marcará o futuro da Segunda Autonómica. S.D. Burela e E.D. Lourenzá eran desde o comezo da competición dous firmes candidatos a ocupalos postos cabeceiras nesta categoría. Os burelaos, logo do descenso do pasado ano, buscaban saír do pozo á primeira, pero a temporada, malia […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – U.D. Xove Lago: os de Sancosmed poñen a proba ao intratable líder

O vetusto campo focense do Martínez Otero acollerá o domingo ás 17 horas un derbi mariñán do máis interesante. C.D. Foz e U.D. Xove Lago, equipos con pasado máis glorioso en categorías superiores pelexan por voltar a unha Preferente na que escasean os equipos da Mariña lucense. Ámbolos dous deron un paso adiante nesta temporada, […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 29) e Preferente (Xornada 28)

Novo temporal que se ceba co noso fútbol. Félix deixounos sen dous dos partidos da xornada. Os de dous aspirantes. O Castro quedou sen xogar o seu encontro en Ordes. Ao Ribadeo pasoulle o mesmo e non rendiu visita ao Dubra. Por sorte, o resto dos representantes lucenses sí xogaron os seus encontros. O Polvorín […]

Que foi de…Pablo Fernández: o cervense que puido disfrutar da Champions

Pablo Fernández Segurado (Cervo, 1983) foi probablemente dos maiores talentos que deu o fútbol mariñán nas últimas décadas. Xogador de moita calidade, mediapunta, ao que as lesións lle privaron de poder competir máis anos en categorías superiores. Pero deulle tempo a poder xogar na categoría de bronce do fútbol español, na súa etapa no Montañeros, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]