Palabra de… Alex Meitín: “Un clube histórico nunha temporada difícil”

– Case cen anos de historia avalan a a este equipo como un dos máis coñecidos e laureados non só na provincia, senón tamén en Galicia. Anos na Preferente, anos na Terceira galega e diversas promocións de ascenso a Segunda División B. Pero sen irnos máis aló, a realidade agora é outra. Un equipo feito a principio da tempada con miras a estar no máis alto, está loitando por non caer de categoría.

– O problema? Realmente non sabería responder… Esta temporada foron moitos os xogadores que chegaron a Cantarrana, pero tamén foron moitos os que marcharon co paso da competición, acordándonos tamén dun cambio de adestrador.

-A día de hoxe non serve de nada mirar cara atrás e buscar culpables, nin tampouco preguntarnos que fixemos mal ou que non fixemos ben! A día de hoxe só queda mirar ao frente, xogar os partidos que quedan como se fosen os últimos das nosas vidas. Pero sobre todo, o máis importante, polo que a maioría está aquí, disfrutar do que facemos, disfrutar do fútbol e dos compañeiros, que, ao final, como di todo o mundo, un é o que realmente se leva deste deporte.

– Ninguén sabe como vai rematar esto, pero o que sí sei é que debemos dar as gracias a toda esa xente que respalda e traballa para que este clube siga adiante con ilusión e sobre todo co respeto que se merece.

-Sen espallarme máis, deixo aquí a miña humilde opinión, e animo a toda a afección celeste e a toda persoa que lle guste o fútbol a vir animar ao equipo na derradeira xornada de liga, que será de vital importancia. AÚPA VIVEIRIÑO!!!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario