Diario dun mercado. Episodio 298

Case sen tempo pra respirar desde o anterior Diario, as novas no fútbol provincial non deixan de sucederse. Comezamos cun chairego que deixa o fútbol galego. Víctor Eimil, formado nas categorías inferiores do Deportivo, sobresaiu nas dúas últimas temporadas no Arenteiro e o vindeiro ano será xogador do Hércules de Alacante. O Viveiro segue completando […]

Eimil campión da Terceira; o Polvorín, Ross e Aldán Naval pendentes da última xornada

Foto: Futgal A Terceira División repártese entre os equipos que xa cumpriron os obxectivos, os que remataron a tempada sen poder celebrar, os que están pendentes de xogar para optar á Segunda RFEF, os que seguen insistindo na súa salvación e os que xa non teñen opcións de permanencia. Unha categoría de contrastes á que […]

Así chegan os lucenses na Terceira á última xornada da 1ª fase

Foto de portada: Facebook CSD Arzúa – Antía Vázquez A 21ª xornada da Terceira División deixou moitos asuntos pendentes para a última da primeira fase. Os #LucensesNaTerceiraGalega teñen moitos retos pendentes para esta fin de semana. Ao igual ca os tres equipos lucenses que vivirán con intensidade a xornada unificada deste domingo ás 17:00h. Iago […]

Tres lucenses loitarán por subir cos seus equipos á Segunda B

A 19ª xornada da Terceira División deixou a tres equipos clasificados matematicamente para xogar a fase polo ascenso. Na zona norte o Bergantiños. E na zona sur, o Arenteiro e o Arousa. Hai un lucense en cadanseu conxunto. Iago López, Víctor Eimil e Ross merecen mención destacada neste nova reseña dos #LucensesNaTerceiraGalega. Tres representantes nos […]

Víctor Eimil, goleador como cando era cativo

Foto de portada: CD Arenteiro A 18ª xornada da Terceira División volveu deixar a Víctor Eimil como a un dos grandes protagonistas da finde. E sobre todo, cun rol protagonista nos #LucensesNaTerceiraGalega. Agás algún partido aprazado, quedan catro xornadas para rematar a primeira fase. Moito en xogo neste emocionante mes de marzo. Marcar por terceira […]

Eimil repite como goleador por segunda semana seguida 

A Terceira División trata de ir poñéndose ao día. A pasada finde estivo destinada a xogar varios dos partidos que os equipos tiñan pendentes. Aí tamén houbo oco para os #LucensesNaTerceiraGalega. E este mércores xogáronse tamén citas con representantes da provincia:  Bergantiños 0-0 As Pontes: Iago López volveu ser da partida no conxunto de Carballo. […]

Víctor Eimil marca o seu primeiro gol a favor en Terceira

A Terceira División tenta poñerse ao día. Esta fin de semana está destinada a recuperar partidos adiados. Logo dun mes de xaneiro con moitos suspendidos por mor da pandemia. Xa esta semana serviu para xogar algúns deles e ir clarificando a clasificación xeral. Á marxe das pendentes, quedan cinco xornadas regulares da 1ª fase. Este […]

Sae Villares; entra Julio Delgado, novo lucense na Terceira Galega

Foto de portada: Ourense CF A décimo quinta xornada da 1ª fase non volveu vivir allea a pandemia. Suspendéronse seis encontros entre os dous grupos. A zona norte foi a máis afectada. Só se xogaron os partidos do Racing e do Viveiro. Por outro lado, a resaca da finde deixou cambios nos #LucensesNaTerceiraGalega desta tempada. […]

Eimil volve ao once e destaca no regreso á vitoria do Arenteiro

Foto de portada: CD Arenteiro A sétima xornada da Terceira deixou dúas vitorias conseguidas pouco antes de que soase o chifre. O Racing Villalbés e o Polvorín gañaron os seus encontros como locais. No cadro chairego con tres goleadores da provincia. Non tivo unha boa tarde o Viveiro ante o Arzúa. Quen si se luciu […]

Aldán Naval e Jorge Méndez estréanse en Terceira

A primeira xornada da Terceira Galega deixou puntos nos equipos lucenses. O Viveiro gañou na súa reestrea na categoría e o Vilalbés empatou ante o conxunto máis lucense de fóra da provincia. O Arzúa será un dos protagonistas habituais desta nova sección que estreamos, #LucensesNaTerceiraGalega. Repasamos como lles vai, xornada a xornada, aos xogadores lugueses […]