Diario dun mercado. Episodio 201

Moito baile de adestradores e bancos no primeiro diario estival
Edu Rodríguez

Comenza de novo o baile. Prepáranse xa que se veñen grandes movementos, quizais moitos máis dos esperados despois dos do pasado verán. Hoxe teñen especial protagonismo os adestradores, que adoitan ser sempre as primeiras pezas a mover.

A nova Preferente exprés fixo unha auténtica desfeita nos bancos. En mínimo a metade deles hai remuda. Como xa adiantamos no seu día Edu Rodríguez non seguirá no Lemos e o seu nome empeza a soar por terras ourensanas. Tampouco continuará en Santaballa Dani Moirón. O preparador pon fin a un exitoso ciclo na Liga e veremos onde está o seu futuro. No entanto, a principal novidade saltaba onte na Ribela. O club sarrián fixo un cambio de timón e Charly puxo fin á súa etapa á fronte da Sarriana. O novo encargado do primeiro equipo, ao que lle quedan dúas xornadas de competición, non é outro que Jaime Paz. O técnico regresa á provincia despois do seu paso pola base do Lugo campañas atrás.

Dani Moirón

O que tampouco adestrará onde estaba previsto é Adrián Vázquez Barrio. O monterrosino renuncia a unha nova época no Sangoñedo. O Chantada terá que buscar técnico despois de que Adrián declinase o banco por motivos laborais. O técnico quedará en Lugo, onde coordinará a base do Sagrado Corazón. E falando de base, o noso Diego Díaz pechou o seu ciclo co Becerreá xuvenil. Dous anos intensos nos que conqueriu un ascenso de categoría.

O último apuntamento deste Diario ten que ver cun dos nosos lucenses emigrados. Un dos destacados da última Terceira Galega, Víctor Eimil, seguirá defendendo as cores do Arenteiro na Segunda RFEF.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario