Víctor Eimil marca o seu primeiro gol a favor en Terceira

A Terceira División tenta poñerse ao día. Esta fin de semana está destinada a recuperar partidos adiados. Logo dun mes de xaneiro con moitos suspendidos por mor da pandemia. Xa esta semana serviu para xogar algúns deles e ir clarificando a clasificación xeral. Á marxe das pendentes, quedan cinco xornadas regulares da 1ª fase. Este primeiro tramo de competición está previsto que remate na última finde de marzo.

Partidos aprazados que se xogan esta finde con presenza lucense: 

Viveiro – Fisterra (dom. 16:30h)
PolvorínAs Pontes (dom. 16:30h)
Arzúa – Fabril (dom. 16:30h – coa arbitraxe de Jorge Méndez López; asistido por Alberto Blanco Méndez e Jesús Adán Gallego)
BergantiñosSomozas (dom. 16:30h)
Ourense CFArenteiro (sáb. 17:00h – coa arbitraxe de Jesús López Fernández; asistido por Adrián López Bermúdez e Adrián Fernández Teijido)
Arousa – UD Ourense (dom. 17:00h)

Facemos un repaso de como lles está indo aos #LucensesNaTerceiraGalega nestes últimos días. E salientamos o que lles queda por diante. Por fin atopamos un goleador lucense máis aló dos equipos da provincia neste curso.

Eimil, consolidación e gol:

Víctor Eimil foi un dos protagonistas da vitoria do Arenteiro ante o Alondras (1-2). O vilalbés adiantou aos seus antes do minuto dez de xogo. É o primeiro gol que marca na categoría ao seu favor. Conta con outro precedente na tempada 2017/2018. Pero daquela anotara en propia porta. Vestía a camisola do Laracha e xogaba contra o Racing Villabés, o equipo no que se formou de cativo.

Eimil acumula nove encontros como titular no Arenteiro. Vén sendo da partida nos últimos onces de Fran Justo. O cadro do Carballiño segue comandando a clasificación do Grupo B. Suma 33 puntos; tres máis ca o Arousa. Ambos teñen un partido menos. Este sábado o Arenteiro xoga ese encontro pendente ante o Ourense CF.

Julio Delgado, chegar e encher:

O futbolista burelao acaba de fichar no Ourense CF. Pero xa gozou de dúas titularidades no equipo adestrado por Rubén Domínguez. A pasada finde xogou 82 minutos na derrota do conxunto ourensán ante o Estradense.

O Ourense CF é oitavo clasificado con vinte puntos. Nestes momentos está no grupo dos que xogarían por evitar o descenso na 2ª fase. Poñerase ao día co encontro ante o Arenteiro.

Ross, un dos fixos de Rafa Saéz

Dezaseis encontros leva xogados na tempada o Arousa. E dezaseis partidos con Ross no once titular. Xunto a Javi Fontán, Julio Rey e Pedro Veda, xogouno todo sempre de inicio no que vai de curso. Tamén no último triunfo do conxunto de Vilagarcía ante o Pontellas (2-1).

O Arousa é 2º con trinta puntos. Cun partido pendente de xogar. Este domingo na Lomba recibe a UD Ourense. De gañar, consolidaría o seu posto de privilexio.

O Choco medra con Alberto Suárez

Alberto Suárez xogou 61 minutos na vitoria do Choco ante o Atios (2-0). Foi susbtituído por Fran Monroy. Daquela o conxunto de Redondela xa gañaba por dous goles de diferenza. Alberto volveu contar con minutos a mediados de xaneiro tras un tempo inactivo. Aí o Choco volveu ao camiño da vitoria despois de sete encontros sen facelo.

Dos últimos cinco duelos, sumou once puntos. Colocouse provisionalmente no terceiro posto. Aínda que é dos poucos equipos do grupo que non teñen ningún atrasado.

Partido suspendidos na 16ª xornada con presenza lucense:

SilvaViveiro

Iago López foi titular no triunfo do Bergan na Cheda. Foto: Endie Doa Rúa

O Bergan de Iago López, líder

No grupo A todos os equipos teñen algún encontro pendente. É o caso do líder. O Bergantiños aínda ten dous duelos por xogar. Pero iso non lle impediu colocarse na cabeceira do grupo por diante do Somozas (ten un partido menos). Precisamente os dous equipos enfróntanse este domingo. Aínda é o da 1ª volta, asi que a loita semella que vai durar ata o final.

Preparado para afrontala está Iago López. O monfortino xogou todos os minutos nos dous partidos que o Bergan xogou esta semana. Primeiro, na vitoria ante o Polvorín e logo, este mércores co Arzúa.

Aldán Naval, a espera de minutos

O viveirense Aldán Naval está sendo un dos habituais trocos de Jairo Bello no Somozas. Polo de agora non se estreou como titular. E no último encontro quedou sen xogar. O Somozas empatou no último tramo de partido ante o Fisterra no Ara Solis.

Este domingo quedará a pré co calendario ao xogar co Bergan. Tratará de seguir mantendo esas posicións de cabeceira.

Dani Vidal e Iago Novo son os únicos que xogaron sempre de inicio neste curso. Foto: Endie doa Rúa

Os seis lucenses de Álex: 

Por detrás do Somozas quere chegar con forza o Polvorín. Aínda que tivo dous resultados adversos esta semana. Perdeu co Bergan na finde. Cos lucenses Julen e Dani Vidal no once titular e con Martín e David Guitián saíndo no segundo acto. Este mércores igualou ante o Fisterra (1-1). Ángel Fraga volveu ser titular mes e medio despois. Tamén xogou os noventa minutos Dani Vidal. Martín partiu de inicio, pero logo foi trocado por Guitián. E Marcos González tamén entrou no segundo tempo.

Este domingo recupera o partido co As Pontes. No conxunto pontés agarda a súa quenda o gardamallas Brais Vázquez. Chegou o club procedente do Polvorín e espera a súa oportunidade para estrearse.

Jose Varela recupera o gol no Racing:

O cadro vilalbés acumula catro xornadas sen ganar. Aínda que no encontro desde mércores puntou co As Pontes e reencontrouse co gol. O autor foi o extremo Jose Varela que marcou o seu teceiro tanto do curso. El e nove lucenses máis tiveron minutos no Racing.

Aitor foi titular por cuarta vez na tempada. Tamén entrou no segundo tempo Aitor Moreda. O xogador focense xa reedebutara co Racing a finde cando entrou ante o Estudiantil. Nesa derrota do Racing tamén tiveron protagonismo dez xogadores da provincia. O Racing ten un partido pendente co Fabril pero terá que agardar aínda data para xogar.

Pedro Delgado, máximo representante no Arzúa:

Non está sendo unha boa semana para o conxunto da terra do queixo da Ulloa. O Arzúa perdeu os dous encontros que xogou. Iso si, sempre co chantadino Pedro Delgado como titular. Álex Vázquez só tivo minutos no segundo tempo ante o Bergan. Polo seu lado, Brais Prieto estivo en ambas convocatorias pero non tivo a oportunidade de saír ao campo.

Actualmente ocupa a sétima posición; a primeira praza que obriga a xogar por salvarse na 2ª fase. Este domingo xoga o único encontro que ten pendente agora mesmo ante o Fabril.

Arbitraxe:

O Barco 0-1 UD Ourense estivo arbitrado por Javier Pérez Prado. Contou coa asistencia nas bandas de Adrián López Bermúdez e Álvaro Valín González.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario