Destacados Primeira. Xornada 7

*Sporting Pontenova-Santaballés: Sufrida victoria dun Santaballés que se consolida na zona de ascenso. Novás pronlongou o seu idilio co gol nada máis comezar e Dani aumentou as diferenzas preto do descanso. Na reanudación, a Pontenova meteuse no encontro nun erro defensivo chairego. Aos de Simón Lamas entráronlles as dúbidas porén atopáronse cun penalti por mans […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Chantada: vellos coñecidos, mesmos obxectivos

Antes de comezala temporada, ao falar de posibles candidatos ao ascenso de categoría na Primeira Autonómica, Lemos e Chantada aparecían en case que tódalas apostas. Ben é certo que a competición, a medida que vai transcorrendo vai poñendo a cada equipo no seu lugar, pero no caso destes dous clubes, con só cinco xornadas disputadas, […]

Destacados Primeira. Xornada 2

*Sporting Pontenova-Pol: O cadro de Abad aproveitouse da mala versión mostrada pola Pontenova. Especialmente, Iván González. O veterano punta está de volta. Recital de fintas, regates e asistencias culminado cun auténtico golazo. Unha volea dende tres cuartos de campo por toda a escadra. *Taboada-Residencia: Logo dun inicio frenético, o centrocampismo mandou na primeira metade. Os goles […]

Diario dun mercado. Episodio 99

Os equipos que aínda non comezaron a temporada ultiman os detalles de cara ao inicio da competición. É o caso, por exemplo, do fútbol feminino onde o novo proxecto PM Friol CD Lugo presentou as súas fichaxes. O cadro adestrado por Josito Jul ten sete caras con respecto a temporada pasada. Para reforzala portería chegou […]

Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

A Primeira Autonómica comezará sen derbis

A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na […]

Diario dun mercado. Episodio 88

Co mes de xullo xa case que rematado, a maior parte dos equipos lucenses xa están en marcha. No día de onte comezou a pretempada o Taboada, que afronta outro ano máis en Primeira Autonómica con cinco caras novas ata o momento: Manu Vila, que chega do Milagrosa, Gabri, do Racing Vilalbés, Migui do Rodeiro […]

Diario dun Mercado. Episodio 87

Intensos movementos pola Terra Chá, na véspera do inicio dunha semana no que moitos equipos comezan a súa pretemporada. Na Primeira move ficha o Santaballés coa fichaxe de Hugo López, extremo procedente do Racing Vilalbés División de Honra Xuvenil. Un dos que xa botou a estiralas pernas na categoría foi o Chantada Atlético. Este venres […]

Diario dun Mercado. Episodio 55

Un dos nosos mellores centrais non seguirá no seu equipo. A aventura de Roberto Prieto no Bergantiños chega ao seu fin e o cadro de Carballo terá que buscar novo defensa para a próxima campaña. Baixamos dúas categorías para falar da Primeira Galicia. Categoría onde xa temos dúas novas relevantes. Chile deixa o Valadouro para […]

Diario dun Mercado. Capítulo Piloto

Comezamos o noso relato cunha importante ración de banquiños. No capítulo de renovacións, José Durán asumirá o reto do Polvorín na Terceira División logo de conquerir o ascenso. Outro que segue tras ascender é Jesús Gayol, á fronte do Foz. Baixando unha categoría, na Primeira, son moitos os que continúan. Edu buscará o ascenso no […]

Destacados Primeira. Xornada 30

*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz. *Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes. Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en […]

Kiko Rey non adestrará ao Xove Lago

Xa temos a primeira vítima dunha das decisións máis controvertidas do verán. Kiko Rey non adestrará ao Xove Lago esta campaña. A pasada semana sabíase na Asemblea da Federación Galega de Fútbol, que o técnico que non tivese o Nivel-2 non podería adestrar na Primeira Galicia. Dous clubes eran os principais perxudicados: Santaballés e Xove […]

Diario dun mercado. Episodio 28

Nótase que é venres. Os clubes móvense arreo para disfrutar do seu merecido descanso semanal. Hoxe comezamos polo sur da provincia. O Bóveda, que conta xa coa anunciada marcha de Macía á Sarriana, renovou aos seguintes xogadores: Javier Arias, Roi, Lucas e Ivo. Aínda queda moito traballo por diante, porén o que sí sabemos é […]