O Sanci está de 15 e o Ferreira estrea liderado

O San Ciprián superou ao Cabreiros (4-0). 15 puntos en xogo, 15 sumados e 15 goles a favor. Son os números do 15 que presenta o San Ciprián en cinco xornadas. Aos locais saíulles o encontro de cara xa nos primeiros minutos. Adiantáronse por medio de Borja Mella, tras centro de Bruno. Uns minutos máis […]

Sanci, Xermade, Iberia, Brollón e Ferreira cumpren o 6/6

O San Ciprián, o Xermade e o Iberia, na zona norte, e o Brollón e o Ferreira, no sur, gañaron os dous partidos que van de liga na Segunda Futgal. Sanci e Brollón continúan liderando polo diferencial de goles. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Futbolinlugo (@futbolinlugo) 2ª xornada en ‘O Noso […]

Sanci e Brollón comezan de líderes tras case ascender

O San Ciprián e o Brollón encabezan a clasificación en cadanseu grupo da Segunda Futgal lucense. Precisamente, o Sanci e o Brollón foron os equipos que quedaron ás portas do ascenso á pasada campaña. Con todo, outros once equipos conseguiron gañar na primeira xornada. Na zona sur, todos os conxuntos marcaron algún gol. 1ª xornada […]

Tres equipos con vantaxe e 1 eliminatoria igualada

Tres equipos partirán con vantaxe no encontro de volta das semifinais polo ascenso á Primeira Galicia. Na zona norte, o Sanci e o Racing Villalbés B colleron a dianteira. No sur, o San Lázaro ten dous goles ao seu favor, mentres que o cruce entre o Brollón e o Friol está igualado. No caso de […]

O Sanci, a un paso de confirmar a súa presenza na fase polo ascenso

A Segunda Rexional segue tendo como protagonista a emoción. Quedan menos xornadas e as opcións dos equipos vanse reducindo. O Sanci venceu no seu partido pendente e só unha carambola impediría que non xogara polo ascenso. En cada grupo queda a súa particular recta final con doce postos da parte alta aínda por decidir. Os […]

Diario dun mercado. Episodio 121

O Polvorín ponse en marcha. Faino con dúas novas chegadas máis do que xa anunciamos. O gardamallas Unai Marino chega a Lugo. É o vencedor do «En Busca del Portero del Futuro» organizado por Fútbol Emotion. O porteiro de Bizkaia estará no filial e traballará co primeiro equipo. Deste xeito no Polvorín haberá tres porteiros. […]

Diario dun mercado. Episodio 106

O mercado continúa movéndose. E antes de que a noite do sábado pase factura en forma de facer oficiais algúns movementos, repasamos as últimas altas e baixas no fútbol da provincia. Renovacións e incorporacións, pero sobre todo moito cambio nos bancos. Varios equipos do noso fútbol iniciarán na tempada que vén novos proxectos con troco […]