O Sanci lidera no norte e paso adiante da SD Becerreá

O conxunto da Montaña derrotou ao Ferreira por 4-2

A Segunda Rexional continúa repartindo emoción nesta 2ª fase. No norte rematou a 1ª volta e a pelexa polo ascenso está moi igualada. De entrada, o Sanci colócase como líder en solitario. No sur, a SD Becerreá amplía distancias na cabeza ante rivais directos. No que respecta ao descenso Mondoñedo, Bóveda e Quiroga seguen en problemas. Contámolo nos #OncesFutbolinlugo.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na cuarta xornada da fase polo ascenso na zona norte (remata a 1ª volta), o Sanci colócase na primeira posición con doce puntos logo de unir a súa segunda vitoria seguida. O conxunto adestrado por Jaime Méndez derrotou no Pichón ao Muimenta en plena finde de Moexmu. O cadro celeste non está podendo contar con dous dos referentes na defensa. Tanto Julio como Iago pasarán polo quirófano. Dende aquí todo o ánimo do mundo.

A un punto do líder sitúase a Candelaria que ascende á segunda praza ao levar os tres puntos nun dos encontros máis directos da xornada. O equipo da Rúa derrotou na Lomba ao Meira. Remontaron o partido na segunda parte e superaron na clasificación ao seu rival en dous puntos.

Deportes Élide

Terceiro é o Cospeito que perde a súa posición de cabeceira. Está a dous do Sanci. Empatou noutro dos grandes partidos da xornada ante o Cabreiros. Duelo con moitos goles na Fonte. Seijo puxo o 2-3 xa na recta final para os visitantes. Pero antes de que asubiara o colexiado Xoán conseguiu igualar o marcador.

O encontro entre o Guitiriz e o Celta Barreiros rematou sen goles. O cadro de Barreiros queda a cinco da primeira posición. Pola súa parte, o club guitiricense ten unha distancia de sete puntos coa praza de privilexio.

Na cuarta xornada da fase pola permanencia na zona norte (remata a 1ª volta), segue contando co Xermade e o Iberia como os grandes equipos destacados. Ambos foxen das opcións de descenso e sitúanse á cabeza con 14 puntos (máis 13 de diferenza co descenso directo).

O Xermade continúa coa xeira inmaculada na 2ª fase. Completou os catro partidos da 1ª volta con vitorias. Desta volta venceu ao Fonsagrada baixo folerpas de neve. En todos eles non encaixou ningún gol, na montaña foi Juanxo o encargado de poñerse baixo paus.

Pola súa parte, o Iberia derrotou ao Abadín no Municipal nun partido que rematou con resultado de set (3-6). Non valeu de moito para os locais o dobrete anotado por Seco, unha das incorporacións para a 2ª fase.

O Matela suma dez puntos logo de conseguir tres diante do último clasificado, o Mondoñedo. O cadro mindoniense chegou mandando no marcador ao descanso liderados por Brais Carrascal, futbolista que regresou a seu equipo para esta 2ª fase. Non obstante, o mediocentro aínda non está para noventa minutos e os seus notaron a súa baixa cando saíu do campo. Os locais conseguiron remontar; entre outros argumentos, cun gran gol de Joni.

O Mondoñedo sitúase agora a tres puntos da salvación. O seu rival máis directo é o Abadín co que o próximo #DerbiDoFiouco esta fin de semana vai ser trascendental. A cinco puntos do descenso directo está o Roupar. Na pasada xornada perdeu pola mínima na súa visita ao Goiriz. No cadro vilalbés salientou o partido do seu capitán Manel. O lateral esquerdo segue incombustible aos seus 48 anos e quere conseguir unha nova permanencia en Segunda co equipo da súa vida.

A Candelaria obtivo un importantísimo triunfo diante do Meira que iguala máis a clasificación. Foto: Josune Bargueiras

Na terceira xornada da fase polo ascenso na zona sur, o Becerreá impúxose no Partido da xornada e aumenta a súa distancia na cabeza. O cadro dirixido por Antón amósase intratable polo momento nesta segunda fase do campionato. Tres partidos e tres vitorias. O Ferreira queda agora a seis do seu rival.

Mesmos resultados na segunda fase obtivo o Antas que ascende ao segundo posto a catro puntos do líder. No Castro Seoane enfrontábanse dous equipos con tendencias opostos. Un Antas á alza venceu con claridade a un Río Sil á baixa nesta 2ª fase. Os locais realizaron un gran partido adiantándose no primeiro tempo e sentenciaron o encontro no segundo. Álex Diéguez anotou un dobrete e Xurxo mandou no centro do campo.

Na terceira posición atópase a Milagrosa. a cinco de distancia do primeiro posto. Conseguiu o segundo triunfo desta liga ante un Oural que aínda non puntou no segundo tramo de competición.

Empatado a puntos coa Mila está o Paradela. Os do Gandarón derrotaron a outro dos conxuntos que non sumou na 2ª fase, o Chantada B. Os pupilos preparados por Rubén Bergantiños tiveron que remontar o resultado. Despois de moitas ocasións conseguiron marcar dous goles na fase final do encontro.

Na cuarta xornada da fase pola permanencia no grupo de cinco equipos (rematou a primeira volta) tocoulle descansar ao Páramo. O Sporting Lucense amósase dominador do grupo distanciándose en once puntos da praza de descenso directo. Desta volta derrotou ao Santa Comba nun duelo de proximidade entre equipos do concello de Lugo.

Pola súa banda, tamén foxe da última praza o Brollón ao conseguir un valioso triunfo pola mínima ante o Quiroga. O cadro exiliado do San Martiño ten ao Santa Comba a dous puntos. No último partido destacou a actuación de Izan baixo paus a pesar de encaixar un gol. O gardamallas mantivo no encontro aos seus con intervencións de mérito.

Na terceira xornada da fase pola permanencia no grupo de catro equipos (rematou a 1ª volta) o Corgo confirma o seu pleno. Gañou a domicilio ao Incio e ten oito puntos de diferenza con respecto ao último clasificado.

No outro encontro o Palas derrotou ao Bóveda e colle folgos na pelexa por salvarse. Pola súa banda, o cadro preparado por Pasín segue tendo a permanencia a cinco puntos. Polo momento non foi quen de sumar na 2ª fase a pesar de boas actuacións como a de Salas neste último partido.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.