O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: tres puntos para engancharse á cabeza

Domingo día 14 ás 16 horas no Arturo Pereiro. C.D. Castro e Ribadeo F.C. desputan o «partido da xornada» no fútbol provincial. Ámbolos conxuntos tan só están separados nun punto na táboa clasificatoria e os dous levan unha traxectoria similar no que vai de temporada. O Castro é quinto clasificado a cinco puntos do Polvorín, […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

Destacados Primeira. Xornada 11

Xornada de gardamallas a número 11. Con máis malas novas que boas. O gran debut de Berni co Foz nada tivo que ver co que pasou na portería contraria. No ecuador da primeira metade, Chumi chocaba con Lucho, nunha acción que semellaba non ir a maiores. Non parecía máis que un bon golpe na mandíbula. […]

As nosas redes falan!

Amigos, estivo difícil esta xornada. O humor e o bo rollo reinou nas redes sociais durante toda a fin de semana. Tras una difícil elección, aquí van os nosos destacados!

As nosas redes falan!

Comezadas todas as categorías, excepto o Fútbol-8, todo volve definitivamente á normalidade na nosa provincia. E para empezar ben a semana, a sección na que vós sodes os protagonistas!

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes. Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en […]

Fran Pastor, Riotorto: «A idea era xogar só ó fútbol sala»

O dito di que cando non queres unha cunca tomas dúas, pero…¿que pasa cando de entrada xa queres as dúas cuncas?. Fran Pastor (Lugo, 13-12-1995) optou por tomar as dúas de vez. Despois de abandonar a Sarriana da Preferente decidiu cambiar de rumbo e probar no fútbol sala fichando polo Vilalba FS da Terceira División. […]

Diarion dun mercado. Episodio 50

O mes de agosto mantén o nivel de movementos no mercado lucense, a pesar de que Futbolinlugo xa chegou ao medio cento de episodios cheos de novas por toda a xeografía da provincia, incluso máis aló das nosas fronteiras no caso de que sexan os lucenses os que teñan que marchar. Precisamente é o que aconteceu esta […]

Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 24

Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego […]

Once das semifinais de Copa de Preferente e Primeira

A última batalla xa está definida. A loita pola Copa da Preferente e Primeira xa só é cousa de dous. O Monterroso e o Lugo B terán que atravesala provincia (sobre todo no caso do primeiro) para ir na búsqueda do título o vindeiro domingo ás 18:30 da tarde en Cantarrana. Os dous conxuntos superaron […]

Once dos cuartos da Copa de Preferente e Primeira

Na antepenúltima rolda da Copa de Preferente e Primeira dámoslle o premio de saír no once a aqueles xogadores dos equipos que saíron vitoriosos nas súas eliminatorias. Non quere dicir que o resto dos clubs derrotados non sexan merecedores tamén desta pequena distinción, pero optamos por recompensar a aqueles que seguen adiante e que a […]

Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Os equipos da Preferente Norte incorporáronse as eliminatorias da Copa despois de finalizar a temporada regular e xa houbo as primeiras sorpresas. Oito equipos desputarán a vindeira fin de semana os cuartos de final, pero antes repasamos os protagonistas dos oitavos no noso once. Unha das sorpresas da fin de semana estivo na vitoria do […]

Palabra de… Xosé Lourido: Grazas. Sen vós, isto non sería posible

Cando me dixeron si me atrevía con unhas palabras sobre o fútbol rexional, nun principio pensei que vou contar eu… Se aquí todos somos os máis sabios e sabemos de fútbol. Se é mellor un 4-4-2  ou un 3-4-3… Así que diso non vou falar. Pero si podo contarvos a miña visión do fútbol rexional. […]

As nosas redes falan!

Hoxe, cambiamos o tradicional nome da sección «Tweets máis destacados da semana» para darlle paso a un novo nome: «As nosas redes falan». Con este cambio, introducimos a novidade de que tamén se incluirán na sección os mellores comentarios e publicacións de Facebook!! Hoxe, os protagonistas chegan cun penalti que da un ascenso, un gol […]