Destacados Primeira. Xornada 11

Xornada de gardamallas a número 11. Con máis malas novas que boas. O gran debut de Berni co Foz nada tivo que ver co que pasou na portería contraria. No ecuador da primeira metade, Chumi chocaba con Lucho, nunha acción que semellaba non ir a maiores. Non parecía máis que un bon golpe na mandíbula. Co paso dos minutos, o gardamallas lucense comezou a marearse, tendo que ser sustituído no descanso. Despois da pertinente visita ao hospital, todo quedou nun forte golpe. Mesma conclusión que a vivida na Veiga da San Ciprián. Aínda que alí os presaxios eran moito peores. Lisboa, porteiro do Páramo, saía do terreo de xogo en ambulancia. Logo dun lance de partido, o seu brazo non daba boa espiña. Cun aspecto bastante grimoso, según nos comentaron varios dos alí presentes. Temíase unha grave lesión. Por sorte, no hospital, chegaron as boas novas: outro forte golpe dun porteiro esta xornada.

Visto este panorama, centrémonos na parte máis bonita do noso fútbol. No Sangoñedo, déronse cita onte dúas parellas moi peculiares. Ambos equipos contaban cun irmán dirixindo ao outro. No Chantada, Juan daba ordes a Manuel. Na Pontenova, Jorge Moirón obedecía a Dani Moirón. A instantánea do duelo de irmáns podédela ver no noso Twitter! Por outra banda, tivemos un regreso dourado. O de Cora ao Árbol. O medio do Valadouro deixou dous goles na súa volta á casa. Un deles, sinxelamente espectacular. Tamén debutou Denis no Ferreira, ex do Atlético Escairón.

Por último, non podemos olvidar que temos novo líder: o Riotorto. Sufriron para abrir a lata, porén están no máis alto por méritos propios.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.