Palabra de… Xosé Lourido: Grazas. Sen vós, isto non sería posible

Cando me dixeron si me atrevía con unhas palabras sobre o fútbol rexional, nun principio pensei que vou contar eu… Se aquí todos somos os máis sabios e sabemos de fútbol. Se é mellor un 4-4-2  ou un 3-4-3… Así que diso non vou falar. Pero si podo contarvos a miña visión do fútbol rexional. Quero centrarme nunha das partes que para min son máis importantes, os afeccionados, eses sufridores que van o campo, aínda que a tarde sexa fría e chuviosa. É certo e cada vez son menos, e poden case contarse cos dedos da man. En cada campo hai o sector máis crítico. Neses están os máis vellos do lugar que sempre darán a súa opinión, sabia o no; pero escoitarase dende o campo: “xogade abertos” “dálle para diante” ou unha das que quedan para sempre, “linea, foi falta, e mañá hai que ir traballar”.

Despois esta a savia nova, eses rapaciños que están desexando que sexa o descanso para poder saltar o campo e dar uns toques, botar unhas carreiras nun minipartido onde vale todo… imaxinando que dentro duns anos serán eles os que teñan irse o vestiario e deixar paso a novos, que disfruten deses 15 minutos de gloria.

E logo están esas mozas e mulleres sufridoras, que acompañan partido tras partido, para ver como ganen ou perdan… Viaxan para ver como o equipo do seu rapaz, e as veces ata levarse a dedicatoria dalgún gol. Despois quedan os afeccionados que estarán en Segunda Autonómica e Rexional Norte, ou na categoría que fora, porque lles gusta o equipo do seu pobo,sexa onde sexa, e por iso está claro que sen toda esta xente, o fútbol morrería. Pero para min hai unhas persoa tan importante como estas, e son todos aquelas persoas que non pisan o campo de fútbol. Sen elas todo isto non tería razón de ser, os pais, avós, mozas, mulleres, fillos…

Non o pisan por diferentes razóns: nervos, traballo, non lles gusta o fútbol… Miles de razóns que están xustificadas  por que aínda así son o primeiro apoio para todo. Son aqueles que te consolan si chegas enfadado por perder, con un penalti inxusto, que intentas explicarlle pero que lle resta importancia… E acaban facendo verche que ao final é un xogo. Ese prato de pasta os domingos, porque o neto ten que xogar, cando tiña feito para toda a familia un bo cocido… Aquelas persoas que teñen feito miles de kilómetros. Para levarte o adestramento cando aínda non eras máis que un neno, e facían a mochila para que non se che olvidara nada. Ou mesmo cando chegabas de xogar que non había por onde coller a roupa do barro. Eran e serán as primeiras persoas en facer que teñas listo para o seguinte adestramento, partido ou o que necesites.

Por iso dende aquí o meu agradecemento a todas esa xente, que fai posible que uns cantos sigamos disfrutando de esto que chaman fútbol.

Xosé Lourido, o auténtico ‘Káiser’ de Riotorto.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario