Dous golpes na mesa en casa allea

Así foi a Xornada 5 da Preferente. A zona alta colle forma con dous triunfos clave a domicilio

O Lemos é líder en solitario tras gañar no campo do Santaballés

A segunda xornada da Preferente disputada no Xoves Santo déixanos ao Lemos como líder en solitario. O cadro monfortino gañoulle ao Santaballés e é o único conxunto que sumou os seis puntos en xogo. Nos dous encontros restantes, dous empates. O Ribadeo rescatou un punto no desconto diante da Sarriana no Pepe Barrera e Foz […]

A previa: A Preferente máis lucense

Analizamos de xeito individual aos nosos representantes antes do inicio da competición

Dous equipos lucenses xogarán a «fase» polo ascenso a Terceira

A Real Federación Galega de Fútbol fixo oficial o inicio e o formato de competición da Preferente Norte. En principio, a liga comezará en dúas semanas (a finde do 31 de xaneiro). A categoría queda dividida en tres subgrupos. Tal e como estaba previsto, os conxuntos lucenses competirán entre si na 1ª fase. Desputarán doce […]

Diario dun mercado. Episodio 197

Non é habitual que na provincia haxa moitos movementos de mercado no inverno. Pero este xaneiro pode considerarse excepción. Onde si entra dentro da normalidade que haxa cambios é no PM Friol. O cadro friolés comeza este domingo o ano na Reigosa ante o Oviedo Moderno (12:30h – xornada 9). Farao xa con novo adestrador, […]

Moitas dúbidas nos conxuntos lucenses de Preferente ante o retorno da competición

A Real Federación Galega de Fútbol comunicou de xeito oficial o retorno do fútbol rexional e a decisión e os protocolos desta volta á competición non deixou indiferente a ninguén. Os conxuntos da Primeira Autonómica lucense rexeitaron na súa maioría esta proposta do máximo ente futbolístico galego e asumen un «castigo» en forma de descenso […]

Brais (C.S.D. Arzúa): «Xogar en Riazor contra o Deportivo foi moi especial, sempre o recordarei»

A pasada campaña a piques estivo de facer a súa estrea en Terceira nas filas do Racing Vilalbés logo dunha pretemporada ás ordes de Simón Lamas, pero seguiu medrando no Ribadeo en Preferente Autonómica. Agora Brais Preito Cobas (Frexulfe – O Valadouro, 05/06/1999) non deixou pasar o tren. O Arzúa, equipo revelación da Terceira na […]

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os […]

Diario dun mercado. Episodio 185

Os equipos continúan coa planificación dunha temporada incerta. Quen pode telo máis doado para xogar, pode ser algún lucense que anda fóra das nosas fronteiras. É o caso do burelao Julio Delgado que seguirá pola Segunda B. Ficha polo Villanovense despois de chegar no mercado de inverno ao San Sebastian de Los Reyes. A pesar […]

Diario dun mercado. Episodio 184

Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil […]

Fazañas: O Ribadeo, unha familia que puido disfrutar da Terceira

Veñen de cumprirse seis anos dunha das grandes fazañas da centenaria historia do Ribadeo F.C. No campo do Carral, o conxunto mariñán logrou un ascenso a Terceira División que significou unha ledicia inmensa para un pobo que non gozaba da presencia do seu equipo en categoría nacional nos últimos vinte anos. Agora, un remozado Pepe […]

O partido en imaxes: Club Lemos – Ribadeo CF (2-0)

O Lemos e o Ribadeo enfrontáronse o domingo nun emocioante derbi que se saldou con victoria para os da Pinguela, 2-0. Así, os monfortinos respiran con respecto á zona baixa e o Ribadeo queda asentado no médio da táboa. Ao choque asistiu Mariluz Fagín, autora desta gran galería de imaxes!