Dous golpes na mesa en casa allea

Así foi a Xornada 5 da Preferente. A zona alta colle forma con dous triunfos clave a domicilio

Así foi a quinta xornada da Preferente Norte, última da primeira volta, no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Ribadeo-Residencia (1-2): Demasiado castigo para un Ribadeo que dominou durante varias fases do encontro. Os mariñáns fallaron en exceso ante unha Residencia que creceu co gol de Alvarito pasada a hora de xogo. Dani Renda sentenciou cunha xenialidade a un equipo local que fixo o tanto da honra por mediación de Xairo.

  • Lemos-Sarriana (1-3): O Lemos mandou na primeira metade e adiantouse no marcador cun tanto de Diego Torres. A Sarriana reaccionou tralo descanso e firmou unha remontada moi traballada ante os de Edu Rodríguez, que foron de máis a menos. Os de Charly son máis líderes.
  • Santaballés-Foz (2-1): Ao Foz non lle chegou con competir ben para sumar o seu primeiro triunfo. Diego Chao adiantou aos de Javi Chinchón cun penalti á volta do descanso. O empate foi case instantáneo e Julio Camba deulle a volta ao marcador no cuarto de hora final. Tres puntos máis para o Santaballés nun encontro de poder a poder. 

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario