O gol do líder ten nome propio: Adri Díaz

Así foi a Xornada 3 da Preferente. Con todos vós, o seu Trío de Ases

Así foi a terceira xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Lemos-Foz (1-0): Non diga gol, diga Adrián Díaz! Todos os goles do líder levan a súa sinatura. Esta vez, un remate seu ao bordo do descanso bastoulle aos de Edu Rodríguez ante un rival correoso. Os de Javi Chinchón foron de menos a máis ante un sólido Lemos, que foi superior na primeira metade. Xenxo puido empatar na reanudación pero a primeira vitoria do Foz terá que esperar unha semana máis.
  • Sarriana-Residencia (3-1): Traballada remontada da Sarriana na media hora final. A Residencia maniatou aos de Charly na primeira metade e Javi Raposo abriu a lata desde os once metros. Na reanudación, Óscar Rivas igualou cun fermoso gol á saída dun saque de esquina. Co partido empatado, unha indecisión defensiva castigou ao conxunto de Álvaro Meilán. Os visitantes, que mostraron unha gran imaxe, volcáronse en busca dalgún punto. No entanto, Arón sentenciou para unha Sarriana que non perde de vista o liderado.
  • Ribadeo-Santaballés (0-1): Primeiro triunfo do Santaballés nesta temporada. Unha xenialidade conxunta, de Martín no pase e Álex Novás na definición, deulle os tres puntos aos de Dani Moirón no desconto. A primeira metade foi dun frouxo Ribadeo que apenas xerou perigo. Na segunda, as mellores ocasións foron dos chairegos a excepción dun soberbio testarazo que interceptou Ivo nunha boa intervención.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario