O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]

Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Un pleno na Terceira RFEF para comezar

Volveu a competición e chega o Trío de Ases Panadería O Cantón. Non puido comezar mellor para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Un pleno de vitorias, ademáis a domicilio. O Racing Vilalbés goleu ao Betanzos, a Sarriana venceu no campo do todopoderoso Arousa, o Polvorín derrotou ao Barbadás e o Viveiro fixo o propio […]

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Xa se coñece a folla de ruta dos catro conxuntos lucenses que disputarán a recén denominada Preferente Futgal. Unha categoría que seguirá mantendo a tradicional división norte-sur e que compoñerán dezaoito equipos. Mugardos, Sofán, Miño, O Val, Dubra, Negreira, Paiosaco, Ribeira, Montañeros, San Tirso, Arzúa, Ordes e Sigüeiro, representarán á provincia da Coruña, mentres que […]

Diario dun mercado. Episodio 431

Diego López é un dos protagonistas do episodio 471 co seu regreso ao Taboada procedente do Castro

A Preferente 2024/2025 xa colle forma

A Federación Galega de Fútbol comeza a deseñar unha nova temporada no noso fútbol, nun ano marcado en negriña ao ser o primeiro no que os límites xeográficos non determinará a composición dos grupos. A Preferente é a primeira que comeza a coller forma. E o certo é que non se albiscan grandes trocos na […]

Diario dun mercado. Episodio 413

O mercado non para. Comezamos este novo diario coa mellor xogadora da provincia. Lucía Pardo deixa o Madrid CFF logo de tres anos na capital. Tras comezar no filial, a de Outeiro rapidamente chegou ao primeiro equipo e inscribiu o seu nome na historia do fútbol feminino tras ser a primeira goleadaora na temporada 2022/2023, […]

Diario dun mercado. Episodio 392

Comezamos con novidades no Monterroso, que acadou a renovación de Marcos Burgo. No Pol xogará Juan Rivero, antigo gardameta de fútbol sala, que cambia a pista polo céspede, onde actuará como xogador de campo. Iñaki Vilariño troca de ubicación futbolística na comarca da Ulloa. O xogador deixa o filial da SD Monterroso e xogará no […]

Diario dun mercado. Episodio 360

Comezamos este Diario con novidades no Racing Vilalbés. O cadro chairego poderá contar con Pablo Rey tamén para o proxecto de Segunda Federación. O xogador de Ferrolterra renova e vivirá a segunda tempada no equipo. O corpo técnico encabezado por Simón Lamas ten a 18 xogadores do primeiro equipo ao seu dispor. O mércores da […]

Diario dun mercado. Episodio 340

Aínda nos primeiros días do mercado estival, este está que arde. Comezamos polos banquiños. En Sarria, o club comunicou a non continuidade de Brais Prados, técnico co que os da Ribela acadaron o ansiado ascenso a Terceira RFEF, e a chegada de Jorge Cuesta. O novo adestrador ten ampla experiencia na base do RC Celta, […]

Chantada Atlético e Ribadeo, á final da Copa

Xa temos finalistas da Copa que se disputa entre conxuntos de Preferente e Primeira Galicia. Ribadeo e Chantada Atlético mediran forzas o próximo domingo no Manuel Luna de Pol, nun choque no que se agarda un gran número de espectadores de ambos bandos. O Ribadeo é o único conxunto da Preferente que quedou vivo na […]