A nosa base xa ten rivais polo ascenso

Esta tarde celebrouse en Santiago o sorteo das fases de ascenso ás Ligas Galegas infantil, cadete e xuvenil. Os nosos comezarán a súa andadura nas mesmas este mesmo SÁBADO 12 DE MAIO. Iso sí, cun formato novo e atractivo. Os conxuntos que remataron en primeiro lugar na competición provincial xogaranse o ascenso a un só […]

Presentación dos equipos da Milagrosa 17-18

Fotógrafo: Endie DoaRúa A pasada fin de semana presentáronse tódolos equipos da Milagrosa 2017-2018. Grazas a Endie DoaRúa temos as mellores imaxes do evento. Aquí as tedes! [themoneytizer id=»15360-16″]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 decembro)

A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]

O mellor plan para o Nadal: fútbol lucense

Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]

Motivos para sorrir na Milagrosa

A Milagrosa non acaba de atoparse na Segunda Galicia. Despois de dous descensos consecutivos, o equipo da capital lucense era, a priori, un dos candidatos por volver a Primeira Rexional. Non obstante, de momento o equipo non está marchando como sería desexado pola familia vermella e branca. Aínda así, teñen motivos para sorrir e confiar, […]

As nosas loitadoras xa comezaron a campaña

Sí amigos, as representantes lucenses do fútbol feminino tanto na Segunda División (Peluquería Mixta Friol) e na Primeira División Galicia (SCD Milagrosa). Ambos conxuntos levan  disputadas dúas xornadas (hoxe domingo será o seu terceiro partido).  Facemos balance deses dous primeiros encontros.

Alberto ‘Trucha’: «Reengancheime ao fútbol grazas a Rubén Arce»

Nesta casa amamos as historias de superación. As da xente que busca día tras día sacar o mellor de sí mesmo. E dos demais. Vivir nunha aprendizaxe constante coma lema de vida. Hoxe traémosvos un fermoso cóctel con todos estes ingredientes. Todos aglutinados baixo un mesmo nome: Alberto Pérez Cabado (Lugo, 1989). Moito máis ca un […]

Adrián Laureda: «Queremos colaborar cos clubes e facilitarlles as cousas»

Onte presentouse o novo convenio do CD Lugo cos clubes capitalinos de base. Un acordo que segue a liña do presentado hai uns meses con diversas entidades provinciais. Aínda que con pequenas novidades. Ninguén mellor para falarnos dos mesmos que Adrián Laureda, coordinador de fútbol base no clube albivermello. FUTBOLINLUGO: Ola Adrián! Falemos dese convenio […]

Diario dun mercado. Episodio 51

Os partidos amigables xa lle van restando algo máis de importancia aos movementos do mercado. Non obstante, moitos equipos pola provincia aínda están en construcción con moito camiño por diante antes de comezala tempada. Na Primeira Galicia, unha vez coñecido o calendario,  o Valadouro segue apuntalando o seu cadro de futbolistas. Iñaki Burundarena é novo […]

Luis Díaz: «Que nos veñan ver ao filial, é unha motivación extra»

Luis Díaz (Lugo, 1995). Él foi, xunto a Javi Rey, unha das grandes noticias do Lugo en Taboada. O xoven mediocentro acudiu á chamada de Francisco. E debutou ao grande. Coma titular, diante de todo un Celta B. Lonxe de subírselle á cabeza, Luis segue a mostrar a humildade que o caracteriza. Falamos con él. E […]

Diario dun mercado. Episodio 49

O pasado derbi da Chaira deixounos unha gran novidade no Castro. O conxunto de Javi López conta cun novo ‘pelotero’. O antigo mediapunta do Bóveda, Igor, é novo xogador vermello. E deixou boas sensacións na súa estrea. Falando de fichaxes, a Milagrosa segue na súa liña de reincorporar talento formado na Fábrica de Frigsa. O […]

Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]

Xornadas de portas abertas na SCD Milagrosa

Hai uns días, coñecíamos que a SCD Milagrosa realizará adestramentos de fútbol feminino coas portas abertas a calquera rapaza interesada no fútbol. O obxectivo, como di o slogan da súa campaña: escribir o futuro. Futbolinlugo quixo saber máis acerca desta iniciativa e falou coa coordinadora do fútbol feminino en Frigsa, Iria Rey.

Diario dun mercado. Episodio 35

Moito salseo na nosa Preferente Norte! O Castro segue a confeccionar un plantel de garantías. Non é sinxelo suplir a homes coma o irmáns González, Héctor ou Nano. Pero si traes a Diego Núñez ou a Fernandito, dende Monterroso, as baixas son menos baixas. O mediocentro cambia o vermello da Ulloa polo da Chaira. Calidade […]

Diario dun mercado. Episodio 33

Viaxamos unha xornada máis dende o Norte ao Sur da provincia. Porque as novidades chegan dende tódolos recunchos da provincia. Comezamos polo Valadouro, onde acaban de realizar unha fichaxe de ‘campaniñas’. Dende Ribadeo chega Juan Pablo, máis coñecido como Chile. Xogador ofensivo de gran talento para alegrar as tardes de domingo no Árbol. Así mesmo, […]