As nosas guerreiras do fin de semana!

Hoxe é xoves, é día de fútbol feminino en Futbolinlugo. Como cada semana, faremos un repaso dos resultados dos conxuntos lucenses femininos, que levan o nome da provincia por toda a comunidade e incluso fóra dela!

Comezamos polo PM Friol-CD Lugo, equipo que se atopa imparable tras vencer por cinco goles a cero ao Gijón FF, un dos galos a priori da categoría. No partido, sentenciado no descanso, destacou de novo Jone Bilbao, autora de tres goles. Tamén marcaron Fanny e Nati. Cabe citar a entrada no once da gardamallas Aroa e da capitá do equipo, Covi. As da Reigosa atópanse terceiras clasificadas, empatadas a puntos co Deportivo e a tan só dous do líder, o Oviedo.

Na Primeira Galicia, a SCD Milagrosa segue sen puntuar tras perder 2-3 co Pastoriza (A Coruña), pero semella que as rapazas dirixidas por Walter González comezan a estar afeitas á categoría, dado que xa mostraron un bo xogo e contaron cun gran número de ocasións que lles puideron dar a victoria.Non correu mellor sorte a debutante SD Antas, que perdeu por 4-1 ante o Sárdoma «B«, nun choque no que o resultado debería ser menos abultado, pero a efectividade local decantou o choque para as viguesas.

 

Na Segunda Galicia, a xornada estivo marcada polos empates. Así, o PM Friol-CD Lugo «B» asinou un meritorio empate a dous goles co Silva, pese a que o último gol visitante chegou nun minuto cruel, o 93. A Comercial, pola súa banda, tamén empatou a dous goles, neste caso ante a SD Torre, sendo as autoras dos goles Tania e Jenny. E o outro empate foi protagonizado pola SD Chantada, que sacou un punto ante a Xuventude de Crendes (1-1) nun encontro moi disputado de principio a fin. O Carballedo CF descansou esta semana!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.