No noso fútbol os clubs non son alleos á realidade social que hai ao seu redor. Así o acreditou esta fin de semana o Portomarín nunha mensaxe de apoio antes de comezar o partido ante o Corgo no Chao da Poza. Ademais o Carballedo repite protagonismo nesta sección e vemos como aproveitan os equipos os seus días sen competición.

O Portomarín volveu ao camiño da vitoria na súa casa vencendo con claridade no marcador ao Corgo (7-3) na quinta xornada da Segunda Rexional grupo sur. O conxunto adestrado por Sousa volve coliderar deste xeito a categoría empatado a puntos co Guntín. O que tamén colidera o cadro portomarinense son as reivindicacións que están facendo as nais e os pais do CEIP Virxe da Luz. O motivo é a redución de profesorado que supuxo un reagrupamento dos cursos que van dende os 6 aos 12 anos en só dúas clases. O equipo da vila saltou ao céspede do Chao da Poza cunha pancarta de apoio aos seus veciños:

Na Segunda galega feminina o Carballedo non esquezará a data deste domingo. Conseguiu o seu primeiro triunfo en competición oficial na cuarta xornada da liga ante o conxunto da Torre. Ademais fíxoo diante da súa afección, no Catro Ventos. O resultado final amosa un 3-2 aínda que o cadro lucense encaixou o segundo gol nos últimos instantes do partido. A celebración non era para menos no vestiario:

A situación da Terceira Rexional no grupo sur é peculiar cada fin de semana na que sempre descansan dous equipos. O renuncio a competir do FC Becerreá e do Laxosa (este na última semana antes do inicio da liga) e a non modificación do calendario provoca esta circunstancia. Non obstante, hai equipos que aproveitan ben as fin de semanas nas que non teñen partidos. Desta volta foi o caso do Río Sil; o cadro soberino leva dúas vitorias nos tres partidos xogados e repuxo forzas a súa maneira:

Pechamos sección cun dos equipos con máis xogadores da provincia nas distintas categorías que xa ten novo campo no que pisar. Os equipos da SCD Milagrosa xa usan o Luis López Gorgoso dende a semana pasada, despois das remodelacións do céspede.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario