A Terceira lucense terá tres grupos con oito equipos

A falta de que a nova proposta vaia a Asamblea xeral a Santiago e, único que algún club dos xa inscritos non decida participar, a estrutura do fútbol da provincia de Lugo cambia despois dos últimos conxuntos creados e ten efecto inmediato na constitución das divisións para a temporada 2017/2018. A Terceira Galicia terá, en principio, tres […]

Diario dun mercado. Episodio 25

Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada. Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou […]

Fin da temporada de fútbol feminino

Chegou o verán para as nosas guerreiras. A participación dos clubes lucenses de fútbol feminino nesta 2016/2017 rematou este fin de semana coa final de Copa disputada pola SD Antas ante o Mos. Futbolinlugo fai hoxe unha síntese da temporada das xogadoras.

Diario dun mercado. Episodio 16

Na Preferente Norte o Castro anunciou as renovacións do lateral Marino e do porteiro Yebra. Ademais o equipo adestrado por Javi López confirmou o regreso de Pedro Díaz. O central comezou esta temporada no conxunto das ribeiras do Lea, pero a metade de ano marchouse ao Escairón na búsqueda de minutos. Estas novidades xúntanse a xa […]

Ilustres emigrantes: Edgar Díaz: «Perdéronse xogadores dun alto nivel»

Inauguramos sección: Ilustres emigrantes. Queremos coñecer a todos eses lucenses perdidos na emigración futbolística. Non son moitos, pero ‘habelos hailos’. Un deles é Edgar Díaz. Así que imos coñecelo. Deixámosvos xa co propio Edgar, que nos relata a súa historia balompédica. «Empecei xogando na Residencia. Aos once anos marchei ao Lugo. Pasei por tódalas categorías. […]

Gonzalo debuta hoxe no noso fútbol da man da Milagrosa

Temos novo inquilino no fútbol lucense. Responde ao nome de Gonzalo Trigales Álvarez. Aos seus 26 anos está a escasas horas de vivir o seu bautismo no noso balompé máis autóctono. Fárao da man da Milagrosa. A iso das 16.30 horas no Páramo. Pero o balón xa o levaba no sangue pois leva xogando «dende […]

I Copa Gallaecia de fútbol feminino

Hoxe presentamos a nova da celebración dunha competición de fútbol feminino, neste caso para rapazas en idade infantil. Nela participará un equipo representante da provincia de Lugo, a SCD Milagrosa!

Hemeroteca: Un ‘duro’ domingo calquera

Hoxe viaxamos uns anos atrás. Campo Luis López Gorgoso da Frigsa. Alí dispútase un dos múltiples encontros de Fútbol-7 (agora Fútbol-8). O nome dos equipos é o de menos. Neste caso, son a Milagrosa e o Escuelas Lucenses (Lugo). O realmente importante é o esforzo que fan estos rapaces. O de madrugar despois de facelo […]

Palabra de… Esther Núñez: Chegamos para quedarnos!

O camiño foi difícil e permanecerá así no futuro, pero que o fútbol feminino creceu e evolucionou xa é unha realidade. O fútbol feminino chegou para quedarse. Cada día máis mulleres xogan ao fútbol, pero aínda hai moito traballo que facer. Cando empecei a xogar ao fútbol, sendo moi pequena, lembro que os meus compañeiros […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en alevíns

A Segunda Autonómica de categoría alevín xa coñece o seu calendario de cara á disputa da segunda fase do campionato. Encadrados en catro grupos, a competición comezará para os primeiros a última fin de semana de febreiro xa que tan só xogarán dez xornadas. O resto arrincará xa esta próxima fin de semana e prolongarase […]