Os partidos amigables xa lle van restando algo máis de importancia aos movementos do mercado. Non obstante, moitos equipos pola provincia aínda están en construcción con moito camiño por diante antes de comezala tempada. Na Primeira Galicia, unha vez coñecido o calendario,  o Valadouro segue apuntalando o seu cadro de futbolistas. Iñaki Burundarena é novo xogador do cadro de Ferreira. Procede dunha familia de futbolistas, foi canteirán no CD Foz e xoga na posición de mediocentro.

Quiroga terá o reto de mantelo Matela na Segunda despois de que o equipo conseguise o ascenso a temporada pasada

Na Segunda Galicia, David Orosa xa é novo xogador do CD Cospeito despois de probar nos primeiros adestramentos co conxunto chairego. Orosa reforza a zaga do Cospeito procedente do Racing Vilalbés xuvenil B que ascendeu a Liga Galega. Na mesma categoría, o Matela comeza a moverse no mercado. O conxunto de Outeiro estará adestrado por Quiroga quen nos últimos meses estivo á fronte da Milagrosa feminina. O técnico non deixa por completo o equipo da capital lucense, xa que seguirá traballando nas categorías inferiores. No grupo sur, a Milagrosa ten novo xogador de ataque. O dianteiro Fernando Jesús Zas reforza a dianteira do conxunto preparado por Couso. Zas xogou nas categorías inferiores da Residencia e da propia Mila, para posteriormente competir na Milagrosa sénior, Outeiro de Rei, Guntín e Ferroviaria.

Baixanda cara a Terceira, o Fonsagrada conta cas seguintes baixas para esta campaña: Javi Freijo e Silban marchan para o Ribeira de fútbol sala, Isma e Chesu, nun principio, seguirán o seu camino no Trasnos de fútbol veterán, Adri déixao por motivos laboráis, Joni vai facer a pretemporada co CD Rábade e o porteiro Osvaldo marcha para o Pontenova xuvenil.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario