As nosas loitadoras xa comezaron a campaña

Sí amigos, as representantes lucenses do fútbol feminino tanto na Segunda División (Peluquería Mixta Friol) e na Primeira División Galicia (SCD Milagrosa). Ambos conxuntos levan  disputadas dúas xornadas (hoxe domingo será o seu terceiro partido).  Facemos balance deses dous primeiros encontros.

Comezaremos polo Peluquería Mixta Friol. As rapazas comenzaron a temporada na casa ante o Femiastur, nun choque, a priori, complicado. Sen embargo, todas as xogadoras saíron con moitas ganas e ambición, conseguindo un marcador final de 7-1. Na segunda xornada, visitaron o campo do Victoria, de Santiago. Neste caso, o balón resisitiuse a entrar, e os puntos repartíronse entre ambos equipos, ao rematar 0-0 os noventa minutos.

Non obstante, o Friol xa presentou a súa candidatura para estar, un ano máis, entre os cocos da Segunda División, pese a ser un clube humilde e pertencer a unha localidade pequena. Noraboa un ano máis a todos os compoñentes da entidade!

En canto a Milagrosa, o inicio non foi o deseado, pero as sensacións están a ser boas. Na primeira xornada, as de Frigsa perderon por 4-3 ante a SD Tordoia, nun duelo moi igualado que se decidiu polo acerto de cara a porta das locais. Na segunda xornada, o Mos visitou o López Gorgoso, e de novo a sorte xogou en contra das lucenses. O resultado final foi de 1-1, pero sen dúbida os tres puntos puideron quedar na cidade da muralla.

Esta tarde será o terceiro partido, tamén en Frigsa, ante o Ourense, un choque moi atractivo para os amantes do fútbol. Desexamos moita sorte á Milagrosa!!!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario