Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]

Palabra de… Rive, Cristian e Brais: «A sorte de compartir»

E tocounos… Que lle vamos facer? Pois contar a nosa experiencia a todos os seguidores deste gran medio que aporta voz ás nosas humildes ligas. Botando un ollo atrás parámonos a pensar en como chegamos a ser amigos tendo tan poucas cousas en común, pero unha delas moi importante. O tempo pasa moi rápido, tanto […]

Palabra de… Fernando Arias: ‘Hai unha butaca para ti’

Veña que isto empeza…Tomen asento. Vémonos no Municipal, na Estación, en Santa Eulalia, no Gómez Besteiro, no Ladairo, no Rodríguez Lago, na Fonte, no Pichón, no Ventiño, na Canteira, en Catro Ventos, en Rioaveso, na Bidueira, no Cembedo, no Cascabeiro, no Luís López Gorgoso, na Veiga do Olmo, no Sangoñedo, no Castro Seoane, no Luís […]

Historia colectiva de amor a unha pelota

Xa son anos vendo fútbol. Entrevistando a xogadores, adestradores, directivos… Empapándome de historias incribles. Da existencia das mesmas naceu, en gran parte, a necesidade de contalas. Naceu Futbolinlugo. Volvendo ao tema, o venres pasado visitaba A Marosa. E alí degustei, de xeito totalmente inesperado, un conto con final feliz. Unha novela de amor cargada de […]

Felipe Varela (A.C.D. Valadouro): «É a primeira vez que marco cinco goles en partido oficial»

Remataba o ano futbolístico na Primeira Autonómica e Felipe Varela quixo despedilo 2017 ao grande. O A.C.D. Valadouro necesitaba o triunfo ante un Bóveda que pelexa por saír da zona baixa, e o dianteiro contribuiu con un repóquer. Os de Julio César Castro gañaron 6-2 e asoman a cabeza pola zona media da clasificación. Non […]

Álex Paz (Viveiro C.F.): «Non hai que ser hipócritas e decir que non pensamos na permanencia»

O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe. Comezou […]

Os goles da Primeira Autonómica levan acento mariñán

Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas. O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa […]

O mellor plan para o Nadal: fútbol lucense

Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]

Palabra de… Dani García: Fútbol de familia

Parece que me tocou falarvos algo deste fútbol do que desfrutamos. Non levo moito tempo xogando, espero que aínda me queden moitos anos por diante no meu Pastoricense pero xa foron moitas as experiencias vividas no campo. Que destacar por encima de todo? Pois, ademais de toda esa xente que pon o seu grao de area […]

Palabra de… Miguel Rego: O noso fútbol avellenta

«Galicia perde 30 habitantes ao día«, con ese debastador dato abrían os xornais a pasada semana facendo fincapé no progresivo avellentamento da nosa poboación, sen dúbida un dos grandes problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Do mesmo xeito podemos falar do avellentamento que sofre ano tras ano o noso fútbol provincial e que […]