Destacados Primeira. Xornada 2

*Sporting Pontenova-Pol: O cadro de Abad aproveitouse da mala versión mostrada pola Pontenova. Especialmente, Iván González. O veterano punta está de volta. Recital de fintas, regates e asistencias culminado cun auténtico golazo. Unha volea dende tres cuartos de campo por toda a escadra. *Taboada-Residencia: Logo dun inicio frenético, o centrocampismo mandou na primeira metade. Os goles […]

Destacados Primeira. Xornada 1

*Monterroso-Outeiro de Rei: O Anexo de Cerdeiriños abriu o telón da Primeira 18-19. O Outeiro comezou forte pero Pallares e un golazo de Dabouza déronlle vantaxe aos de Rielo ao descanso. Os de Cholas non se renderon e apretaron moito nos últimos vinte minutos. O Monterroso perdonou a sentencia á contra e Seijas empatou no […]

Diario dun mercado. Episodio 96

Aproxímase a data de comezo da competición ligueira e a maioría dos equipos xa teñen a súa plantilla definida, pero outros aínda buscan no mercado as últimas pezas para facer o plantel o máis competitivo posible. É o caso da S.D. Sarriana, un dos conxuntos con máis movimento neste mercado estival logo do ascenso a […]

A Primeira Autonómica comezará sen derbis

A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na […]

Diario dun Mercado. Episodio 82

O Atlético Escairón comezou onte a pretemporada ás ordes de Escalza. Coa continuidade de xogadores coma Aitor, Alami, Asier, Basán, Félix ou Pandiani. E moitas caras novas: Andrade, Igor (Castro), José Manuel (Castro), Macía (Sarriana), Sergio Pollo (Ferreira), Shelton, Vinicios, Julito (Bóveda) e Rubén Cidre (Ferreira). Sen movernos moito, o Carballedo confirmou á súa decimosexta […]

Diario dun mercado. Episodio 64

Hoxe é un día triste. En especial para aqueles que estamos no mundo do fútbol. En primeiro lugar, queremos dar o noso máis sentido pésame a todos os amigos, familiares, coñecidos de Álex Blanco, así como a membros do CP Calasancio, polo repentino pasamento deste rapaz. 

Diario dun Mercado. Episodio 58

Comezamos falando de adestradores. E como non, da Mariña. Sempre tan activa. Diego Rego renovou no Lourenzá porén en Ribadeo terán que buscar novo técnico. Despois dunha exitosa traxectoria no Pepe Barrera, Fiz Rodríguez non seguirá á fronte dun conxunto que coqueteou co ascenso á Terceira División. Moito máis ao sur, o tándem Jessi e […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 36)

Unha gran noticia dentro dunha fin de semana mala. O Racing Villalbés finalizou terceiro despois de gañar ao Laracha por 4-2. Non só levou os tres puntos, senon tamén a mellor puntuación e clasificación histórica do clube. O rival contou cun paisano no lateral dereito, o vilalbés Víctor Eimil. Agora xa toca pensar no que […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 37) e Preferente (Xornada 35)

Histórica xornada para o fútbol lucense. O Rácing Villalbés disputará a súa segunda fase de ascenso a Segunda División B. A falla dunha xornada para o remate da competición ligueira, os de Óscar Gilsanz certificaron o seu billete. Cun rendemento por enriba do esperado, os chairegos pelexarán por entrar na División de bronce do fútbol […]

O partido da xornada . . . o ascenso a Segunda xógase a tres bandas

A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 33) e Preferente (Xornada 32)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso despois de vencer ao Xallas no Anxo Carro. Non mostrou a súa mellor versión pero foi superior ao seu rival. Cuadretti anotou un doblete nun encontro no que puido marcar aínda máis. As notas negativas foron os dous cartóns recibidos por protestar e o duro golpe […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

Iván González: «Necesitamos a todo o mundo»

Oito partidos. Oito finais. Así afronta o Atlético Escairón a recta final da temporada na Preferente. Dous meses nos que cada fin de semana se librará unha nova batalla pola permanencia. A situación é complicada no Saviñao mais os novos preparadores atópanse capacitados para o reto. Iván González, peso pesado do equipo, forma parte do […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – U.D. Xove Lago: os de Sancosmed poñen a proba ao intratable líder

O vetusto campo focense do Martínez Otero acollerá o domingo ás 17 horas un derbi mariñán do máis interesante. C.D. Foz e U.D. Xove Lago, equipos con pasado máis glorioso en categorías superiores pelexan por voltar a unha Preferente na que escasean os equipos da Mariña lucense. Ámbolos dous deron un paso adiante nesta temporada, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]