Diario dun mercado. Episodio 96

Aproxímase a data de comezo da competición ligueira e a maioría dos equipos xa teñen a súa plantilla definida, pero outros aínda buscan no mercado as últimas pezas para facer o plantel o máis competitivo posible. É o caso da S.D. Sarriana, un dos conxuntos con máis movimento neste mercado estival logo do ascenso a Preferente. O equipo adestrado por Alberto López incorporou  a Fernando que chega do Ourense C.F. e ao meta Ayoub, procedente do R.C. Celta de Vigo Xuvenil. Con esta incorporación, é previsible a saída de Yebra, malia que se incorporou este verán logo de xogar no Castro.

Un conxunto que quere regresar a Preferente é o Atlético Escairón. O cadro dirixido por Escalza anunciou a fichaxe de dous xogadores arxentinos. Trátase de Federico Leandro Iglesias, dianteiro de 27 anos e de Hamir Andrés González, extremo de 19 anos que vén de xogar nas categorías inferiores do Nàstic de Tarragona e Reus.

Un categoría máis abaixo, o Lourenzá tamén ultima o seu plantel coa incorporación do mediocentro segoviano Nacho, que logo dun ano inactivo volta ao fútbol ás ordes de Diego Rego.

 

 

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario