Diario dun mercado. Episodio 409

Chega un novo Diario dun Mercado e vén máis cargada ca nunca. Comezamos cun lucense que xoga fóra da nosa provincia. Dani Vidal deixa o Coruxo, conxunto no que militou en dúas etapas, tras ser peza importante en Segunda RFEF. O Racing Vilalbés oficializou a chegada do central Edgar, procedente da Sarriana e anunciou a […]

Diario dun mercado. Episodio 403

Os adestradores seguen protagonizando os primeiros días do mercado. David Páez declinou a oferta de renovación do Estradense logo dunha temporada no club, na que logrou acadar a permanencia sen demasidados apuros. Un que marcha da nosa provincia e o vigués Jorge Cuesta. Logo dunha exitosa campaña na Sarriana asinou no Bergantiños, conxunto que militará […]

Diario dun mercado. Episodio 281

Os dous representantes lucenses en Terceira RFEF achégannos novidades. O Racing Vilalbés vén de asinar un gardameta de garantías. Álex Santomé, madrileño de nacemento pero de familia vilalbesa, defenderá a portería do conxunto chairego logo das saídas de Ángel Fraga e Javi Rumbo. O gardameta, procedente do Marbella, formouse nas categorías inferiores do Atlético de […]

Diario dun mercado. Episodio 221

Sucédense os movimentos no noso fútbol. Traémosvos os máis destacados das últimas horas. Comezamos na Segunda RFEF. Pablo Cacharrón, gardameta lucense formado na base do CD Lugo que o último ano xogou no Tarazona, xogará no Pontevedra a vindeira campaña. Tamén xogará na mesma categoría Javi Sandá. O xogador coruñés, que militou as últimas temporadas […]

Diario dun mercado. Episodio 216

Vertixe. Esa é a palabra que mellor define o mercado no fútbol lucense. Fichaxes, baixas e renovacións a esgalla ao longo e ancho da provincia que vos traemos nesta nova edición do noso Diario dun Mercado. O Viveiro protagoniza o mercado na Terceira. E faino con dúas fichaxes de categoría. A Cantarrana chega Marcos, logo […]

R.C. Deportivo e Somozas, duros rivais para os nosos equipos de Terceira este fin de semana

Pouco a pouco voltamos á rutina nos nosos campos. Polo menos nos de Terceira. A pasada fin de semana o balón voltou a rodar en Cantarrana coa posta de longo do Viveiro e o Racing Vilalbés. Co calendario ligueiro xa coñecido, este sábado 26 de setembro dous dos tres representantes lucenses da terceira división xogan […]

Diario dun mercado. Episodio 154

O mercado na nosa provincia continúa no seu punto álxido e sucéndense os movimentos en tódalas categorías. Comezamos polo fútbol feminino. O Carballedo renovou ao seu adestrador Iban Crespo, así como a María Varela, Chusa, e as goleadoras Diana Picos e Laurita que seguirán defendendo ao equipo presidido por Adrián Rodríguez unha temporada máis. No Chantada […]

Diario dun Mercado. Episodio 145

A medida que o mes de xuño avanza chegan cada vez máis movimentos do fútbol provincial ao noso Diario dun Mercado. Na Preferente, o Lemos continúa coa renovación de boa parte do seu cadro de xogadores. Desta volta tocoulle ao monfortino Arturo, que selou a renovación para seguir defendendo o arco da Pinguela. E os […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – Viveiro C.F.: o líder rinde visita á Pinguela

Dous históricos do fútbol na nosa provincia veranse as caras este domingo ás 16:30 horas na Pinguela. Lemos e Viveiro, un que voltou á Preferente pra quedarse e outro que pretende subir un chanzo máis. Dúas realidades distintas cítanse nun dos mellores encontros que se pode ver na xeografía lucense, baixo a dirección do colexiado […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

Diario dun mercado. Episodio 40

Continúa o período intensivo de mercado como certifican os nosos 40 episodios. E que os movementos non paran. Na Terceira División, o guntino Marcos Valín ficha polo Somozas. O gardamallas, procedente do Cerceda e con pasado en Racing de Ferrol, Depor B e CD Lugo, coincidirá no conxunto verdiblanco co tamén lucense Álex. Na Preferente Norte, […]