As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Bergantiños C.F.: o líder examina o bo momento dos de Simón Lamas

Nunca é bo momento para recibir ao primeiro clasificado, pero se calquera siareiro do Racing Vilalbés tivera que elixir un, ben seguro que sería agora. Este sábado, ás 17 horas a Madalena vestirase de gala para o encontro entre o conxunto local e o Bergantiños, líder da Terceira División. O cadro chairego encadea cinco partidos […]

As nosas redes falan

Hai moitas vertentes coas que se pode catalogar unha decisión arbitral; máis naturalidade e menos forofismo é o que se precisa na maior parte dos casos. Hoxe explicamos as actuacións arbitrais ao noso xeito. Ademais, rescatamos unha desas xa famosas fotos de vestiario dun equipo que está á alza e destacamos unha iniciativa especial para […]

As nosas redes falan

A última fin de semana de novembro foi especial polo compromiso amosado en moitos dos campos da provincia que se sumaron á campaña «En negro contra as violencias». Non obstante, botouse en falta xente; algúns d@s que non se perdían ningún partido deixaron de alentar dende a bancada. Aínda que de seguro o seguirán facendo […]

As nosas guerreiras do fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″] O fútbol feminino provincial está acadando magníficos resultados estas xornadas. Comezando polo CD Lugo-PM Friol, que venceu por 1-2 na casa do Racing de Santander e comeza a postularse como un dos equipos candidatos ao ascenso á Primeira División.

Qué ver esta fin de semana (11-12 novembro)

O menú futbolístico desta fin de semana trae plato único para o sábado, un plato de base. Duelo de necesitados nos Escolapios: Calasancio-Lérez infantil. O domingo triple opción para a tarde do domingo. A que mellor vos veña ou a que máis convenza. Na Marosa, o Burela tentará roubarlle o liderado de Segunda ao Guitiriz. […]

En marcha a Segunda feminina con representación lucense

Chegou o outono e, con el, inícianse as competicións que faltaban por comezar nesta temporada. A Segunda División feminina bota andar nos grupos 1 e 2, despois de varios problemas para a confección dos grupos, mentras que o grupo 3 (equipos de Pontevedra) xa van pola quinta xornada. Este curso a provincia de Lugo estará […]

Diario dun mercado. Episodio 49

O pasado derbi da Chaira deixounos unha gran novidade no Castro. O conxunto de Javi López conta cun novo ‘pelotero’. O antigo mediapunta do Bóveda, Igor, é novo xogador vermello. E deixou boas sensacións na súa estrea. Falando de fichaxes, a Milagrosa segue na súa liña de reincorporar talento formado na Fábrica de Frigsa. O […]

Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 34

O Rácing Villalbés segue sumando ‘fichas’ ao seu novo proxecto na Terceira División. Esta vez, en forma de renovación. Rubén Gómez continuará unha tempada máis na Magdalena. Nesta liña, todo apunta a que Vérez e Dani Montes (titulares onte frente ao Deportivo) quedarán no primeiro equipo. Así mesmo, Juanjo (Calasancio) reforza ao cadro xuvenil de […]

Diario dun mercado. Episodio 33

Viaxamos unha xornada máis dende o Norte ao Sur da provincia. Porque as novidades chegan dende tódolos recunchos da provincia. Comezamos polo Valadouro, onde acaban de realizar unha fichaxe de ‘campaniñas’. Dende Ribadeo chega Juan Pablo, máis coñecido como Chile. Xogador ofensivo de gran talento para alegrar as tardes de domingo no Árbol. Así mesmo, […]

As notas das finais da Copa

As últimas notas da temporada veñen cun formato diferente xa que consideramos que os catro equipos teñen o seu mérito por chegar a estas alturas da competición copeira. Destacamos o traballo de todos, eliminamos a nosa sección «nin pé con bóla» e subliñamos o mérito dos campións provinciais tanto no torneo feminino como no masculino. […]

As nosas redes falan!

A piques de finalizar a totalidade das competicións dos nosos lucenses nesta campaña 2016/2017, as nosas redes sociais continúan igual de activas que sempre!

As nosas redes falan!

Un mércores máis chega o turno da sección dos verdadeiros protagonistas. Clubes, xogadores, adestradores, siareiros… Que se dan cita cada semana nas nosas redes sociais!!

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]