O All Star en imaxes: medallas e homenaxes

Xa sabedes que o sábado 25 de xuño do 2022 foi un día moi especial para nós. Pero igual non nos credes, así que queremos deixar constancia do ledos e emocionados que estabamos todos por medio dunha galería de imaxes, cortesía da nosa querida Mariluz Fagín. Hai moitas máis fotos no seu Facebook, que podes […]

Mañá é o día

Por fin. Logo de moito tempo de traballo e de organización, mañá chega o II All Star Futbolinlugo ao campo de fútbol Catro Ventos, en Carballedo (A Barrela). Logo de darvos a turra toda a semana, tan só queremos invitarvos unha vez máis a participar con nós nesta festa do fútbol lucense. Lembrámosvos, unha vez […]

Falan os futbolistas do All Star

Máis de 60 futbolistas daránse cita no campo dos Catro Ventos de Carballedo o vindeiro sábado. Todos eles e todas elas foron sobranceiros e sobranceiras nos seus equipos ao longo da temporada 21/22, pero hoxe escollimos a dous deles para charlar con nós antes da segunda edición da gran festa do fútbol lucense. Noe Pirés […]

Falan os adestradores do II All Star

Cada hora que pasa estamos máis preto do II All Star Futbolinlugo. Ademais dun cartel de futbolistas espectacular, tamén contaremos con seis técnicos de luxo: Paco Corredoira, Javi Chinchón, Óscar Méndez, Ibán Crespo e dous que xa estiveron con nós na primeira edición do All Star: Pili Neira e Roberto Fernández. Precisamente con estes dous […]

O II All Star xa ten protagonistas

A catro días para a celebración do All Star Carballedo 2022, xa podemos facer públicas as diferentes convocatorias para os dous encontros que se disputarán ao longo do día. Velaquí os/as futbolistas seleccionados polo seu excelso rendemento ao longo da campaña 21/22. Máis de sesenta xogador@s están citados para o gran evento do fútbol lucense. […]

Comeza a semana do II All Star

O vindeiro sábado 25, como ben sabedes, terá lugar unha nova festa do fútbol lucense. Desta vez, será o concello de A Barrela (Carballedo) o que albergue o II All Star Futbolinlugo. Logo de celebrar a primeira edición no 2019 en Burela e do parón obrigado pola pandemia, buscamos continuar a dar visibilidade ao fútbol […]

All Star Futbolinlugo, a espera continúa sen desfalecer

Este martes fanse dous anos da primeira edición do All Star Futbolinlugo. Foi a primeira e tamén a única vez que Futbolinlugo conseguiu organizar a gran festa do fútbol lucense. O ano pasado prometemos volver en 2021, pero as consecuencias da pandemia impedírono. Estas dúas temporadas practicamente nulas para o balompé da provincia, provocaron que […]

Así está a carreira polo All Star na Preferente

Aproveitamos o parón futbolístico por mor da pandemia do coronavirus para facer un repaso da clasificación do Trío de Ases da Preferente, coa vista posta no II All Star Futbolinlugo programado para o 13 de xuño en Chantada. Así está logo de vinteseis xornadas disputadas: TICHU (Viveiro): 31 puntos ADRIÁN DÍAZ (Lemos): 30 puntos XAIME […]

Palabra de…Iván Calaza: Vémonos na Marosa

Non son eu quen para pedirvos nada. Só faltaría. Con todo o que nos dades. Tampouco é domingo para escribir un Palabra De…Nin sequera é tempo para andar lendo un venres destas horas. Pero a ocasión é especial. Este sábado quizais sexa o día máis importante desta pequena aventura que é Futbolinlugo. O máis igual […]

Listaxe de convocad@s All Star Burela 2019

A redacción de Futbolinlugo fai públicos os nomes d@s xogador@s que formarán parte dos dous partidos que conforman as actividades principais do I All Star Futbolinlugo. 66 xogador@s xogarán os partidos, pero td@s podedes ser protagonistas. Acompañándonos durante a tarde na Marosa e incluso participando nos concursos que temos dispoñibles. Están abertos a calquera que […]

Futbolinlugo convídavos ao All Star Burela 2019

O equipo de Futbolinlugo convidámosvos a ti, ao teu equipo e a toda a xente relacionada ou non co fútbol lucense ao I All Star Futbolinlugo. Non podemos facer a todos os clubs protagonistas principais porque é algo inabarcable para nós. Pero si vos queremos facer a tod@s partícipes desta festa do fútbol lucense.  Programa […]

O Top-20 de Preferente na 2018-2019

Coa conta atrás para o All Star do Fútbol Lucense xa preparada, publicamos os vinte xogadores máis destacados da Preferente, en función dos puntos acadados xornada a xornada no noso Trío de Ases. Son os seguintes: Tichu (Viveiro): 55 puntos Poratti (Ribadeo): 51 puntos Diego Núñez (Sarriana): 36 puntos Omar (Sarriana): 34 puntos Dumi (Castro): […]

O Top-20 da Segunda na 2018-2019

Un día menos para a celebración do I All Star Futbolinlugo Burela 2019. Publicamos os xogadores con máis aparicións nos onces da temporada na Segunda Rexional. Lembrando que a difusión dos onces semanais é a escusa para falar da categoría. Procuramos a máxima obxectividade posible dentro dos nosos medios. Pero non quere dicir que ninguén […]

Futbolinlugo presentou o I All Star no Concello de Burela

Todo en marcha. Entramos na recta final. E na decisiva. A pouco máis dun mes fixemos o acto oficial de presentación do I All Star Futbolinlugo. O Salón de Plenos do Concello de Burela acolleunos para unha rolda de prensa aberta aos medios. O noso redactor, Iván Calaza presentou o evento. Estivo acompañado polo alcalde […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Tan só cinco xornadas restan para o remate da temporada 2018/2019 na Preferente, e salvo o Castro que xa perdeu a categoría, todo está por decidir. Viveiro e Sarriana manteñen intactas as súas opcións de ascenso e pelexarán, incluso con enfrontamento directo, por acompañar ao As Pontes na Terceira. O Foz, liberado dos postos de […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Segunda

Catorce xornadas na Segunda Rexional deron para colocar no máis alto da táboa ao Folgueiro e o Palas. Acompañados polo Xermade e polo San Roque en postos de ascenso directo. Ademais, permiten saber cales son os xogadores que máis aparicións teñen nos Onces Futbolinlugo. Algúns deles serán seleccionados a final de temporada para participar no […]