Xa sabedes que o sábado 25 de xuño do 2022 foi un día moi especial para nós. O outro día compartiamos as fotos do partido feminino do All Star 2022. Hoxe é o turno do encontro masculino, no que o combinado de Terceira Galicia e Preferente asinou unha espectacular remontada ante o de Primeira e Segunda Galicia (5-3). Aquí tedes unha ampla galería de imaxes, cortesía da nosa querida Mariluz Fagín. Hai moitas máis fotos no seu Facebook, que podes consultar aquí.












































