#Fútbol afeccionado

Mañá é o día

Por fin. Logo de moito tempo de traballo e de organización, mañá chega o II All Star Futbolinlugo ao campo de fútbol Catro Ventos, en Carballedo (A Barrela). Logo de darvos a turra toda a semana, tan só queremos invitarvos unha vez máis a participar con nós nesta festa do fútbol lucense.

Lembrámosvos, unha vez máis, o programa da xornada.

Comezaremos cun almorzo contundente: o duelo entre as seleccións femininas, dirixidas por Pili Neira e Ibán Crespo. Será ás 11:30. Logo deste choque, pararemos para xantar e cargar forzas para a sesión vespertina, que chega pisando forte.

En primeiro lugar teremos os concursos (17:00): Crossbar Challenge, Fut-Golf e Fútbol Burbulla. Servirán de aperitivo para outro dos pratos fortes da xornada: o partido entre as seleccións masculinas. Terá lugar ás 19:00.



O día aínda dará para máis: entrega de trofeos, medallas e, sobre todo, a homenaxe que merecen todos aqueles que xa non xogarán o vindeiro ano e que, polo tanto, non terán oco no All Star. Bueno, non terán dentro do verde, pero quizais sí como adestradores (como Javi Chinchón este ano) ou como espectadores, pois lembrade que estades todos invitados a compartir con nós esta festa. Se vos deixades ver por Carballedo, igual aínda vos levades algún premio nun sorteo

Mañá é o día

Diario dun mercado. Episodio 280

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *