#Fútbol afeccionado #Entrevistas

Falan os adestradores do II All Star

Cada hora que pasa estamos máis preto do II All Star Futbolinlugo. Ademais dun cartel de futbolistas espectacular, tamén contaremos con seis técnicos de luxo: Paco Corredoira, Javi Chinchón, Óscar Méndez, Ibán Crespo e dous que xa estiveron con nós na primeira edición do All Star: Pili Neira e Roberto Fernández. Precisamente con estes dous quixemos falar e comentar o evento que terá lugar o vindeiro sábado 25 en Carballedo (A Barrela).

Pili Neira dirixirá á selección feminina norte. Ela é unha das referentes do fútbol feminino do país. Futbolista no mítico Karbo, para nós volve ser un orgullo contar neste II All Star con Pili, quen tamén foi seleccionadora da Selección Galega. A preparadora coruñesa mostrase moi feliz por repetir experiencia.

Futbolinlugo: Botácheslle xa un ollo ao teu grupo de xogadoras?

Pili Neira: Si, estiven mirando a información que me mandastes sobre elas, aínda que a moitas non as coñezo. O que quero é que disfruten, que xoguen un tempo similar todas, como mínimo 45′. Que o pasen ben é o fundamental.



A recoñecida adestradora Pili Neira repetirá experiencia no All Star

FIL: Como lembras a última edición do All Star?

PN: Eu recordo que flipei. Encantoume o ambiente, e cando me convidáchedes esta vez non o dubidei, vou encantada. Estou feliz, contando as horas para ir o sábado. Teño tanta ilusión que enganchei á miña filla para vir conmigo, a ver se pode.

FIL: E que agardas desta?



PN: Non sei canta afición hai de fútbol pola zona, pero eu penso que a xente se vai volcar. Tan só no meu equipo van 15 nenas, eu entendo que as familias, parellas… desa xente irán ver ás rapazas. Se a miña filla fose a unha selección destas, iriamos encantados. Quizais ao haber bastante tempo entre un partido e o outro resta un pouco de público, pero agardo un ambiente excelente. Ademais, para o fútbol feminino é fundamental esta visibilidade e que se conte con elas.

FIL: Pensas que o fútbol feminino está tendo o crecemento que merece?

PN: Si, pero aínda hai moitísimo que facer. Damos pasos para adiante e zancadas para atrás. Nuria Rábano fichou o outro día polo FC Barcelona e é probable que teña solucionada a súa vida, pero quizais seña a única galega que ten a vida solucionada xogando ao fútbol. O convenio actual converte ás xogadoras en mileuristas, que non está mal, pero as rapazas aínda non están tan valoradas como deberían.

FIL: Aínda hai moita marxe de mellora a nivel mediático e social.

PN: Si, eu non quero entrar en polémicas, pero o outro día lía unha morea de comentarios criticando o acordo da RFEF polo que as futbolistas da selección cobrarían o mesmo que os futbolistas. Alucinei, porque non entendo que a xente opine así. É esta a igualdade que queremos?



Roberto Fernández, pola súa banda, foi gardamallas profesional de fútbol. Nado en Chantada, repite na banda do All Star, esta vez preto da súa terra, facendo os seus primeiros pinitos como adestrador.

Futbolinlugo: Que agarda Roberto desta nova edición do All Star?

Roberto Fernández: Pois que seña unha festa, teño moitas ganas. Despois da pandemia, a min alégrame moito poder asistir ao All Star, sobre todo polos xogadores. Durante todo o ano fan un traballo moi bo cos seus equipos, pasaron unha pandemia na que se tiveron que adaptar a moitas situacións. Cada un representa aos seus clubes. Seguro que moitos dos seus companheiros poderían estar aí, e son eles os que os van representar a todos.

FIL: Sabes xa os perfís dos xogadores que dirixirás?

RF: Si, conozo a moitos polo nome e si que lles poño cara, aínda que hai outros aos que non conozo e conocerei o sábado. A mina intención é que todos disfruten do partido, pois para eles ten que ser unha festa. Merécena, e teño moitas ganas.

Roberto, coa III Guía Futbolinlugo nas súas mans.

FIL: Hai rumores que din que tamén participarás nos concursos.

RF: Si, hai algún concurso que me chama. Gústanme todos, e penso que está ben que os adestradores participemos desta festa cos xogadores, afeccionados… e todo aquel que queira.

A charla co chantadino tamén nos deixou unha información moi relevante para o próximo Diario dun Mercado, así que estade atentos!!!

Falan os adestradores do II All Star

Diario dun mercado. Episodio 279

Falan os adestradores do II All Star

Falan os futbolistas do All Star

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *