O gran dilema de Rafa Casanova

O 25 de maio, o Friol asaltaba O Acebreiro na primeira ronda da copa, superando 1-3 ao Pastoricense. Curiosamente, o primeiro tanto do choque (0-1) sería asinado por un home que desenvolve ao mesmo tempo as tarefas de xogador -normalmente, destacado- e de presidente do clube. Un home dabondo coñecido na provincia, Rafa Casanova.

David Páez: «Haberá que pensar ben o de volver saír fóra»

É un dos lucenses que comezou de máis novo na faceta de adestrador. Oficio moitas veces criticado e con exame final case que domingo tras domingo. Traballo para apaixoados que se senten privilexiados. Aínda que non escape da certa precariedade laboral do Estado. Por varias desas condicións e experiencias xa pasou David Páez (23-06-1987, Sarria). […]

Palabra de… Álex Vasco: «A Milagrosa: corazón branquivermello»

Antes de nada dar as grazas a todos os integrantes de FutbolinLugo polo enorme traballo que levades a cabo. Da gusto que a xente nova pelexe polo despegue do fútbol máis modesto na nosa provincia. Tedes o ceo gañado rapaces! Diego Díaz propúxome facer este artigo e non dubidei en falar do equipo do que […]

Palabra de… Suso Tallón: «A esencia do fútbol afeccionado»

 Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol. Dende xogadores que estudan fóra e veñen os venres para os seus pobos de orixe, a persoas […]

Palabra de… Samuel Pernas: «Breve resumo antes de que isto remate»

Chámome Samuel Pernas Álvarez, tamén coñecido como ‘Chumi’. Comecei adestrando categorías inferiores do San Ciprian (alevín, infantil e cadete) e este ano pasei adestrar ao primeiro equipo. Teño que recoñecer que estou moi orgulloso dos meus xogadores. Aínda que temos estudantes fóra, somos sempre 15, 16 ou 17 para adestrar. Incluso os que estan fóra […]

Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Esa foi a miña decisión. “Afastarme” por un tempo dos banquiños. A motivación de dita decisión, ou mellor expresado, a razón á que lle botei a culpa para deixar de adestrar temporalmente foi por seguir a miña formación (cursar o nivel de adestrador nacional Uefa Pro). E digo botarlle a culpa posto que sendo o […]

Diario dun Mercado. Capítulo Piloto

Comezamos o noso relato cunha importante ración de banquiños. No capítulo de renovacións, José Durán asumirá o reto do Polvorín na Terceira División logo de conquerir o ascenso. Outro que segue tras ascender é Jesús Gayol, á fronte do Foz. Baixando unha categoría, na Primeira, son moitos os que continúan. Edu buscará o ascenso no […]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Rolda inicial

*Riotorto-Xermade: O sábado chegou a primeira sorpresa desta Copa. Esteban adiantaba ao Xermade cun golazo xusto antes do descanso. Rubén Pena aumentaba as diferenzas ao volver de vestiarios. Parecía todo de cara para os visitantes, ata que viron com Pedro Díaz metía ao Riotorto de novo no encontro. Os locais aínda confiaron máis na remontada […]

Iván González: «Necesitamos a todo o mundo»

Oito partidos. Oito finais. Así afronta o Atlético Escairón a recta final da temporada na Preferente. Dous meses nos que cada fin de semana se librará unha nova batalla pola permanencia. A situación é complicada no Saviñao mais os novos preparadores atópanse capacitados para o reto. Iván González, peso pesado do equipo, forma parte do […]