Tweets máis destacados da semana!
Os tweets máis destacados desta semana teñen novos protagonistas pouco habituales nesta sección, como a SD Antas e o Guitiriz, e outros máis frecuentes como a Milagrosa!
Os tweets máis destacados desta semana teñen novos protagonistas pouco habituales nesta sección, como a SD Antas e o Guitiriz, e outros máis frecuentes como a Milagrosa!
Os equipos benxamíns da Segunda Autonómica son máis madrugadores ca os da Primeira e comezarán xa esta fin de semana a segunda fase do campionato. A competición desenvolverase en catorce xornadas e rematará o 28 de maio. Tempo dabondo para aprender e seguir desfrutando do fútbol lucense cos nenos.
Daniel Suárez Vázquez, «Catanha» é una persoa máis que coñecida no Sangoñedo, en Chantada. Aos seus 46 anos, leva moito máis da metade da súa vida traballando neste campo.
A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de […]
A xornada 22 na Primeira Galicia deixou varias sorpresas. A primeira chegou no campo da Liga. O Antas arañaba un punto ante o sempre complicado Santaballés. Parte de culpa tívoa a actuación do meta Alberto, que aproveitou á perfección a ausencia de Melendo. Foi a xornada dos conxuntos da zona baixa, xa que o Burela […]
A Segunda Autonómica de categoría alevín xa coñece o seu calendario de cara á disputa da segunda fase do campionato. Encadrados en catro grupos, a competición comezará para os primeiros a última fin de semana de febreiro xa que tan só xogarán dez xornadas. O resto arrincará xa esta próxima fin de semana e prolongarase […]
Xa se coñecen as datas e os horarios da segunda fase da Primeira Autonómica na categoría alevín. Seis equipos pelexarán na promoción polos dous primeiros postos que lles darían o acceso a desputar a Fase Final Galega. Os encontros comezarán a última fin de semana de febreiro e rematarán o sete de maio, nun calendario […]
Os equipos lucenses da zona alta non se renden e conseguiron bos resultados na vixésimo cuarta xornada da Preferente. De aí que conten cunha importante presenza no once ideal desta fin de semana. O Lugo B regresa semanas despois aos ansiados postos de promoción de ascenso coa súa vitoria por 1-4 no Saviñao ante o […]
Hoxe domingo, tócalle o turno á base do fútbol lucense. Neste caso, as categorías de Fútbol-11 serán as protagonistas do noso artículo.
Hai futbolistas que naceron para xogar na posición na que seu equipo o precise. E máis cando se é capitán do conxunto da parroquia que te viu nacer. É o caso de Pedro Rodríguez Barreiro (29-05-1986, Matela – Outeiro de Rei), central do Matela da Terceira Galicia grupo norte, e nos «momentos libres» tamén porteiro do equipo. Mesmo houbo un […]
CATRO CONCELLOS, SEIS CLUBES, NOVE EQUIPOS. QUÉ ESTÁ A PASAR NO SUROESTE DA PROVINCIA? Afirmar que o fútbol é o deporte rei na nosa provincia, con permiso dos amigos breoganistas e da idiosincrasia capitalina, ven sendo una obviedade mais ou menos do tamaño do Telefunken de Robra. Pero que nunha área concreta da Galicia rural interior, […]
Volvemos á tempada 2014-2015. Partido de Copa. E decídese a penaltis. Sabedes como nos gustan os penaltis! Santaballés-Xermade. Que pasará? Dentro vídeo!
Como cada semana poñemos notas as mellores e as peores actuacións da pasada fin de semana na Segunda e na Terceira Galicia. Nesta xornada dáse a casualidade que as catro notas representativas correspóndense con equipos e futbolistas da Terceira Galicia. A figura: Richi do Goiriz Ricardo Jorquera «Richi» foi un dos xogadores destacados da pasada […]
Esta semana chega cargada de sacrificio e calidade. Os nosos protagonistas son dous habituales nesta sección, o Fonsagrada FC e o Valadouro!
Adultos de diferentes idades, traballadores en distintos oficios, pero todos eles están unidos por una auténtica paixón común, o fútbol! Hoxe, facemos un repaso dunha categoría un tanto esquecida, pero cuxas publicacións iremos aumentando paseniño. Son aqueles que non xogan máis que por diversión, por pasar un rato cos colegas, a pesar de que para […]
A xornada 21 podemos calificala coma a xornada dos Diegos. Non é por barrer para a casa pero os meus homónimos foron decisivos na pasada fin de semana. Un dos múltiples Diegos do Páramo foi decisivo para a remontada do seu equipo. Esta vez tocoulle ao punta de Sarria, Diego Díaz. Saiu dende o banquiño […]
A fin de semana trouxo resultados dispares para os equipos lucenses da Preferente Norte que se vén reflectidos no noso once. Continúan achegándose as posicións de cabeza o Lugo B e o Viveiro que volveron gañar nesta xornada. O filial albivermello derrotou ó Arteixo por 4-1 con Javi Fraga, repite no once ideal por segunda […]
Hoxe, facemos unha pequena reportaxe mencionando a todos os equipos de Fútbol-8 que esta pasada semana proclamáronse campións das súas ligas nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.
Antes de comezar coa miña aportación neste medio recén nacido, quería agradecer a este portal dixital a oportunidade de expresarme, e tamén dar as grazas aos ‘locos’ que iniciaron este gran proxecto pra facilitarnos a información do noso fútbol, o lucense. Quero falarvos sobre a figura do ‘home de club’, como molan os homes de […]
A escasas horas de que o CD Castro faga máis historia coa súa visita a San Lázaro, recordamos a outro emblemático clube que visitou tal escenario non hai moito tempo. Tempada 2011-2012. O Xove Lago, daquelas en Preferente, mostra o seu fútbol no campo no que Ronaldo ‘o gordo’ abraiou a medio mundo.