Diario dun Mercado. Episodio 4

Continúan as novidades no noso fútbol. Hoxe comezamos co banquiño do San Lázaro, onde non seguirán Martín Real e o seu axudante Miguel. No capítulo de baixas, temos que falar tamén das do Castro. Rubí, Rucho e Manu Cedrón, ao que lle finaliza a cesión esta campaña, non estarán no regreso do cadro chairego á Preferente Galicia. Nesta mesma liña, onte soubemos que o vilalbés Make abandona a SD Compostela. A entidade compostelá fixo pública a súa decisión de non renovalo nun curioso chío de Twitter que sentou mal no entorno da Magdalena. Un chío que foi matizado esta mesma mañá polo histórico conxunto da capital galega.

E toca agora facer unha nova viaxe á Mariña. Concretamente a Xove. No mítico cadro verde renova Juanjo Coello, que contaba con algunha que outra noiva. Así mesmo, Pablo Rego incorporarase tamén ao clube procedente do Valadouro. Un Valadouro no que Celes tampouco seguirá.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario