Este domingo ás 16 horas, a Pinguela acollerá un dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. O Lemos, líder sólido desde a primeira xornada, recibe a un Riotorto que non coñece a derrota nos últimos tres meses.
Logo de quince xornadas disputadas, o Lemos conta con trinta e seis puntos e ocupa a primeira posición con sete puntos de ventaxa sobre o segundo e terceiro clasificados. Os de Edu Rodríguez tan só colleitaron unha derrota, precisamente na Pinguela ante o Outeiro de Rei, sendo estes o únicos puntos que voaron do feudo monfortino. Tan só tres empates a domicilio e o resto dos encontros cóntanse por vitorias para os lemistas, nunha temporada marcada en vermello para o gran obxectivo do ascenso. A gran fortaleza do conxunto de Monforte, ademáis de ser o terceiro equipo máis goleador, é a súa solidez defensiva, con tan só seis goles encaixados, sendo Arturo o porteiro menos batido da categoría. Mantiveron a porta a cero en dez dos quince encontros disputados.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/2-300x200.jpg)
O Riotorto, pola súa banda, ocupa o sexto posto con vintesete puntos, os mesmos que a Residencia e a dous dos postos de ascenso a Preferente. Logo dun comezo dubitativo, con dúas derrotas nas dúas primeiras xornadas ante Burela e Santaballés, os de Labrada non voltaron a caer derrotados, e xa son máis de tres meses. Lonxe do campo da Veiga foron quen de gañar en campos complicados como o Municipal de Escairón ou o Acebreiro ante o Pastoricense.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/10-1-300x200.jpg)
Serán baixa para este encontro no Lemos, Borja Castro e Adrián Castañer por sanción e tamén Josito. No Riotorto, Juanmi (operado a pasada semana logo de rompelo tabique nasal), Fran Pastor, Gabi, Pablo Ruíz, Pedro Díaz e Dani Díaz, os dous últimos por sanción, non serán da partida.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O último enfrontamente entre os dous equipos na Pinguela data do 1 de outubro do 2017 e rematou con empate a un tanto. Rubeis foi o autor do tanto do Lemos, mentras que Kevin, que será da partida este domingo, acadou o do Riotorto.
Dous dos referentes ofensivos de Lemos e Riotorto son Diego Arias e Felipe Varela. Vellos rockeiros do fútbol provincial que seguen co gol entre cella e cella. Falamos con eles.
QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
DIEGO ARIAS (CLUB LEMOS)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/diego-arias-300x225.jpg)
– As claves da temporada. «Este ano somos un equipo moi sólido, mentras que o ano pasado encaixábamos moitos goles. Seguimos coa mesma idea de fútbol, pero nunha versión mellorada. Tamén foron moi importantes os fichaxes que se fixeron no verán. Renovamos unha gran parte do plantel e incorporamos xogadores con experiencia en Primeira e incluso en categorías superiores».
– O Riotorto. «É un encontro moi importante pra nós, xa que se trata dun rival directo para conseguilo noso obxectivo. O que máis me preocupa deles son as súas transicións, polo que temos que ter moito coidado coas perdas de balón no mediocampo, porque son un equipo que saen moi rápido e contan con xogadores con moito gol, como Felipe Varela ou Manolito».
– A recuperación. «Atópome ben, a operación foi un éxito e xa xogo sen molestias e con seguridade. Pouco a pouco estou entrando no equipo e disfrutando de minutos».
FELIPE VARELA (C.F. RIOTORTO)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/felipe-varela3-300x225.jpg)
– O Lemos. «A pesar de ser un equipo moi ben traballado e que conta con moi bos xogadores que nos poden crear perigo, creo que o noso máximo rival somos nós mesmos. Son un equipo que lles gusta ter o balón e con xente como Diego Arias aos que lles hai que deixar xogar o menos posible. Se somos sólidos en defensa e xeramos ocasións como na maioría de partidos vexo bastantes posibilidades de levalos tres puntos».
– A lesión. «En canto a molestias vou moi ben. As sensacións parece que son normais ata pasado un tempo. Polo resto sigo collendo físico e confianza para tentar disfrutar cada partido. Despois dunha lesión así valórase máis todo».
– Equipos para o ascenso. «Ademáis do Lemos, o segundo posto parece que vai estar moi competido. Tanto Chantada como Outeiro soen ser equipos que dan moita guerra e o Santaballés esta tamporada parece que tamén se vai manter enganchado. Ogallá nós podamos facer o mesmo».
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Preferente Norte
– C.D. Foz – Noia C.F. (Domingo ás 16 horas no Martínez Otero): encontro complicado para os mariñáns, que reciben a un dos grandes aspirantes ao ascenso. Pero os de Gayol atópanse no mellor momento da temporada, logo de tres triunfos consecutivos e un empate en inferioridade numérica ante o Ribadeo.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/bruzos-252x300.jpg)
– Viveiro C.F. – Atlético Arteixo (Domingo ás 12 horas no Municipal): os de Chusky, enrachados, e xa en postos de ascenso, buscarán seguir a súa xeira ante un Arteixo que logo dun bache, logrou dous triunfos consecutivos.
Primeira Autonómica
– S.D. Residencia – S.D. Outeiro de Rei (Domingo ás 16 horas na Cheda): encontro entre recén descendidos desde Preferente. Os visitantes, segundo clasificado, buscará o triunfo na sempre complicada Cheda.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/resi-300x194.jpg)
Segunda Autonómica
– Guitiriz S.D. – U.D. Folgueiro (Domingo ás 16 horas no Suso Cruz): os de Delfín Romero buscarán recurtar diferencias co líder. O cadro adestrado por Anxo Fernández non perde desde a primeira xornada de liga e está a romper tódolos rexistros goleadores. Máis de tres tantos por encontro acadan os do Vicedo.
– E.D. Lourenzá – S.D.C. Cabreiros (Domingo ás 16 horas en Santa Cruz): encontro entre conxuntos en racha. Nove encontros sen perder os mariñáns e cinco os xermadinos. O gañador meterase de cheo na pelexa polo ascenso.
– S.D.C. San Lázaro – C.D. Palas (Domingo ás 16 horas na Ponte): logo de dúas vitorias consecutivas, os lucenses queren prolongala racha ante o líder, un Palas que está a amosarse como o conxunto máis sólido da categoría.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/fer13-1-300x225.jpg)
Terceira Autonómica
– C.D. Alfoz – Fonsagrada Balómpé (Sábado ás 16 horas no Municipal): despois dun mal comezo, a chegada de Casal ao banco do Alfoz trocou por completo a dinámica. Son segundos e aspiran a un ascenso polo que tamén suspiran os da Fonsagrada, que queren retornar á senda do triunfo logo de caer co Muimenta.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/12/alfoz_once_contra_o_celta_barreiros-300x163.jpg)
– S.C.D. Milagrosa – A.D. Catro Roldas (Domingo ás 17 horas no Luis Gorgoso): os lucenses, que non están atopando a regularidade desexada, reciben a un sorprendente Catro Roldas, terceiro clasificado con catro vitorias consecutivas.
– Quiroga F.C. – C.D. Sober (Domingo ás 16 horas no Municipal): logo da derrota co Antas, o Quiroga precisa un triunfo se quere ter o liderato a tiro. O Sober suman cinco xornadas sen perder.