As nosas guerreiras da fin de semana (e Campionato de España de seleccións autonómicas)!

A pasada fin de semana o balance de resultados para as nosas rapazas foi moi positivo. De novo por problemas técnicos, non podemos contar coa imaxe cas xogadoras destacadas en cada partido, pero sí faremos o noso habitual repaso dos distintos choques!

Comezando polo PM Friol-CD Lugo, que superou sen problemas (6-0) ao Victoria CF, nun partido no que algúns despistes defensivos iniciais puideron costar goles ás de Josito Jul, pero a partir do 2-0 o dominio correspondeu ás lucenses, destacando Fanny e Marta.

Na Primeira Galicia, a SD Antas venceu 7-0 ao Orzán, último clasificado, nuns 90 minutos moi serios e moi completos por parte de todas as xogadoras adestradas por Melendo. A SCD Milagrosa caeu a domicilio ante o Arcadia, 3-1, aínda que as de Frigsa mereceron sacar, polo menos, un punto.

Xa na Segunda Galicia, o Carballedo CF segue a facer historia, conseguindo a súa primeira victoria fóra da casa, ante un dos cocos da categoría, o Silva. O partido foi definido polo presidente do Carballedo como “espectacular, neste partido destacaron as 14 loitadoras”. Pola súa banda, a Comercial perdeu 2-1 na casa do Orzán, mentres que os outros dous equipos empataron a un gol os seus respectivos duelos (Chantada-Vioño e Xuventude de Crendes-PM Friol “B”).

Falando agora de Fútbol-8, a SCD Milagrosa “B” superou (3-1) ao Olímpico, e a SD Burela volveu vencer, neste caso ao CD Obrero (3-0), destacando a xogadora Carlota Baltar.

Tamén, desde a nosa páxina queremos facer mención aos Campionatos, de España de seleccións autonómicas sub-15 e sub-17, que se celebrará este fin de semana no Campo Municipal de Santa Isabel en Santiago, e contará con representación lucense: a pequeña Carmen, do CP Calasancio, está convocada pola selección galega sub-15 (podes ver unha entrevista que lle fixemos hai tempo a Carmen aquí), que se medirá a Extremadura e Castela e León. Na sub-17, a melidense Mery Valcárcel, xogadora do PM Friol-CD Lugo “B”, representará o fútbol da nosa provincia!

Por mor destes campionatos, non haberá competicións de fútbol feminino este fin de semana!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario