*Ferreira-San Roque: Importante victoria do San Roque para acercarse á permanencia. Nun terreo de xogo impracticable, o gol de Sergio preto do pitido final dictou sentenza. O xogo directo e os balonazos foron unha constante obrigada.

*Valadouro-Páramo: Unha parte para cada equipo no Árbol. Maseda adiantou aos de Julio Castro nunha primeira metade na que Tomás sacou unha ocasión clarísima do Páramo. Na reanudación, os de Fontal foron superiores pero só puideron igualar cun tanto de Dieguito. Tomás foi decisivo. Especialmente no derradeiro man a man ante Corbelle.

*Santaballés-San Ciprián: Duodécimo empate para o Santaballés ante un San Ciprián moi atento aos arrastres. A defensa mariñán foi do más destacado do encontro.

*Sarriana-Pastoricense: O cadro de Julio Corral é o novo líder da categoría despois de vencer ao Pastoricense na Ribela. Tódolos goles chegaron na primeira metade, agás o da sentenza de Marzán.

*Xove Lago-Pontenova: O conxunto de Dani Moirón marchouse cunha mínima vantaxe ao descanso. Na reanudación, os pupilos de Miguel Sancosmed reaccionaron e déronlle a volta ao marcador, con doblete de Diego Chao incluido.

*Monterroso-Bóveda: Pouca historia en Cerdeiriños na matinal do domingo. Catro tantos na primeira media hora mataron o encontro. Julito fixo o gol da honra xusto antes do descanso.

*Lemos-Xermade: Resultado engañoso. O Lemos non pechou o partido ata os últimos compases. Ademais, o Xermade reclamou unha cartulina vermella ao meta local polo derribo dun extremo chairego nun man a man. O colexiado sinalou fóra de xogo e os de Edu non contaban con porteiro suplente.

*Chantada-Foz: O cadro de Juan é a besta negra do Foz. O único equipo que lle gañou os dous partidos e que impediu que os de Gayol completasen unha volta enteira sen perder. Os branquivermellos reclamaron un penalti con 0-0 ante un Chantada moi serio, no que debutou coma titular o xuvenil Hugo Listón. Kadete marcou un gol en cada portería.

*Riotorto-Taboada: Un dos encontros máis emocionantes da xornada. O Riotorto perdía 1-2 no minuto 88 e rematou gañando dende o balón parado. David Silva empatou nun saque de esquina. Play deixou os tres puntos na casa ao transformar un penalti.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*