Chegan as dúas últimas xornadas en Primeira Autonómica e toda a emoción se concentra na zona media-baixa da clasificación. Co ascenso xa decidido en favor de Foz e Sarriana e con Xermade, Bóveda e Ferreira xa condenados a xogar en Segunda a vindeira campaña, varios equipos loitan por saír dos postos comprometidos. Eses nos que no fútbol profesional non terías ningún perigo, pero que no noso fútbol non che deixan dormir tranquilo.

Os temidos arrastres manteñen en vilo a varios equipos da provincia. Un deles é o Sporting Pontenova, que logo do ascenso da pasada temporada aférrase á permanencia con uñas e dentes. Os pupilos de Dani Moirón veñen de golear a pasada xornada ao Lemos.

Falamos con Adrián Pasarín, o home gol do conxunto da Pontenova.

FUTBOLINLUGO: Catro victorias nos últimos cinco partidos, vinte puntos por riba do descenso directo, e aínda así hai que sufrir para salvarse?

PASARÍN: Levamos unha boa racha. Tardamos en collerlle o ritmo a esta categoría tan esixente. Adestrábamos ben todo o ano, intentábamos xogar ben, pero á hora dos partidos pecábamos de inocentes. Hai que sufrir ata o final, pero merece a pena manterse nunha categoría como esta.

FIL: Na última xornada goleastes a un histórico como o Lemos na Mina cun doblete teu. Como foi o partido?

P: Contra o Lemos foi importante que eles non se xogasen xa nada. Nós saímos cunha marcha máis e reflexouse no resultado, conseguindo tres puntos moi importantes.

Equipo titular do Sporting Pontenova na Medela ante o Taboada

FIL: O calendario deparouvos nesta próxima xornada un derbi contra o Riotorto, que só se xoga a honra de gañar. Como afrontades o partido?

P: Co Riotorto sempre son encontros diferentes. Aínda que non se xoguen nada existe esa rivalidade dun derbi. Levan varios partidos deixándose levar, pero non nos fiamos. É o que ten o fútbol, para eles tamén sería bo que nós sigamos en Primeira.

FIL: Rematades a liga na casa ante un rival directo como o Valadouro. Como ves aos rivais pola permanencia?

P: O último encontro pode ser de infarto. Os rivais están tamén co medo dos arrastres e intentan saír a flote. Esperemos chegar cos tres puntos deste domingo .

FIL: Os arrastres convirten esta categoría nunha competición moi dura para librarse do descenso. Agardabas tanta igualdade?

P: A verdad é que non. En Primeira calquera equipo che saca os colores se cometes un erro ou non tes un bo día.

FIL: Xa levas dezasete goles e estas ahí entre os máximos goleadores da categoría, marcando incluso máis goles que en Segunda. Adaptáchete moi ben á categoría.

P: Diría mentira se dixese que non me importan os goles. Os meus compañeiros que me coñecen ben saben que cando non marco me marcho cabreado conmigo mesmo. Pero non creo que me adaptase mellor que ninguén á categoría, son rachas.

FIL: Que equipos cres que rematarán baixando a Segunda?

P: Calquera menos o Sporting Pontenova. Vamos seguir en Primeira!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*