#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal

O anecdotario: «Parellas dobres de acción», por Juan Rodríguez

Falamos da tempada 2001/2002, o meu primeiro ano de infantil e primeiro ano que xogaba a ‘fútbol-11‘, no equipos das EDM Chantada, creado a campaña anterior. Eramos un grupo amplo de rapaces (sobre 20) e que soía asistir ós adestramentos na súa totalidade (daquela non había tanto móbil nin redes sociais), da época dos MIKASA e os campos de terra; que a algún aínda nos parece cercana pero que xa non o é tanto.

Pois ben, chegou a última xornada e estamos 18 xogadores dispoñibles para visitar ó Meira. O adestrador só podía convocar a 16, pero non quería deixar a ninguén sen xogar o último partido do ano, así que cando chegou o momento de dar a convocatoria dixo: “mañá imos todos”. Quedamos uns mirando para outros e dixémoslle: “Castor, somos 18, non podemos ir todos…”; el respostou: “tranquilos que xa arreglo eu para que poidamos xogar todos”.

Sábado pola mañá e o autobús cara a Meira cos 18 dispostos a xogar o último partido da tempada. Chegamos con normalidade, entramos no vestiario e entón todos calamos para escoitar ó míster: “A ver, estiven pensando e para que xoguedes todos imos facer o seguinte: dous de vós ides entrar no descanso por outros dous, pero coa mesma ficha, sen que ninguén se entere; a ver, quenes sodes os máis parecidos?”

Tras observar, decidiu: «Juan e Pablo (Cebolli, que sería un dos piares da SD en Preferente moitos anos) sodes ambos loiros, vós sodes un par; José e Joserra (actual xogador da SD, daquela alevín pero que xa despuntaba) vós sodes morenos e altos, sodes o outro par. Empezades Juan e José e no descanso entran Pablo e Joserra. No descanso entrades todos ó vestiario e xa vos explico».



Deu comezo o partido cun temporal tremendo, campo embarrado de todo, choiva das de verdade, e todos “feitos un cristo” para o vestiario. “Castor, se Pablo e Joserra entran así vaise notar, que están todos limpos e o resto enlameirados ata arriba” , dixémoslle.

Joserra, un dos protagonistas da historia

“Tedes razón; veña, todos a manchalos!”, espetou. E así pasamos os dez minutos do descanso poñéndoos perdidos, ó nivel do resto. “Juan e José, cando vos duchedes colledes as chaquetas de Pablo e Joserra e saídes con elas para a grada, para que pensen que sodes os mesmos, engadiu o míster.

Loxicamente, era un partido sen nada en xogo a nivel clasificatorio, e ó final os 18 puidemos saborear os últimos minutos da tempada.



Rememorar esta anécdota faime enviar desde aquí o meu recoñecemento a todos aqueles que fan posible o fútbol alonxado dos focos e que permitiron e permiten a tantos cativos disfrutar do que máis lles gusta, un traballo impagable.

Juan Rodríguez García. O mítico Juan de Chantada, carismático adestrador de Santaballés

O anecdotario: «Parellas dobres de acción», por Juan Rodríguez

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «Parellas dobres de acción», por Juan Rodríguez

O Racing Vilalbés mira cara arriba nunha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *