O Racing Vilalbés mira cara arriba nunha xornada de empates na Preferente

Dous conxuntos da nosa provincia, Viveiro e Escairón, non puideron disputar os seus encontros por casos de Covid-19 propios ou do rival, mentres que o Foz afrontou a súa xornada de descanso. Na Terceira o Polvorín caeu no campo do Choco, mentres que o Racing Vilalbés acadou un meritorio triunfo en Carballo diante do Sofán. Na Preferente pleno de empates. Ribadeo e Sarriana igualaron no Pepe Barrera nun final de encontro apaixoante, mentres que o derbi da Cheda entre Residencia e Lemos finalizou con idéntico marcador. O Santaballés tamén igualou na Liga co As Pontes.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Polvorín cedeu o liderato logo de caer derrotado nos últimos intres no campo no campo do Choco (2-1).

Sete encontros despois o Polvorín volveu perder. Fíxoo nun campo difícil como é Santa Mariña

Deportes Élide

Comezou mellor o conxunto local, pero non tardou o filial albivermello e facerse co dominio do encontro. Non houbo demasiadas ocasións de gol nos primeiros corenta e cinco minutos, nos que o Choco só puido serar perigo en balóns colgados á área.

Todo se decidiu nunha segunda metade marcada pola lesión do colexiado Vidal Fonseca, que logo de deter o encontro en dúas ocasións e recibir asistencia por parte dos dous equipos non puido continuar. Un colexiado que estaba na grada foi o sustituto.

Ao pouco de reanudarse o choque, un centro de Ramos rematouno Leandro desde preto da área pequena adiantanado así aos de Álex Ortiz. O encontro virou nos últimos compases nos que Julen foi expulsado ao cometer penalti sobre un atacante local. Con Brais na porta lucense, Comis enviou fóra o lanzamento desde os once metros. O Choco non cesou no seu acoso á área do Polvorín e nun centro a área chegou o empate obra de Maceira. Tan só un minuto despois o propio Maceira foi quen fixo o segundo dándolle a volta ao marcador.

O Racing Vilalbés gaña no campo do Sofán e olla de preto a zona alta da clasificación (1-2).

Triunfo importante o acadado polo Racing Vilalbés no sempre complicado campo do Carral, que sitúa ao conxunto hoxe dirixido por Kike Sanfiz a tres puntos da promoción de ascenso. Máis aínda cando o Sofán se adiantou no marcador nada máis empezar o encontro. Un centro de Paulo ao segundo pao rematouno Iván Martínez ao fondo da portería. As reducidas dimensións do terreo de xogo propiciaron moito intercambio de posesión e segundos balóns, nos que os chairegos estiveron mellor que o seu rival.

Equipo titular do Racing Vilalbés na súa visita ao Sofán. Foto: Carlos Castro.

O empate non tardou en chegar. Unha boa presión da liña atacante do Racing propiciou o erro de Godi, central sofanista que marcou na súa propia porta nunha falta de entendemento co gardameta Brais. O anterior tanto que en propia porta a prol do Racing tamén foi en Carballo, daquela no campo do Bergantiños, obra de Tarí. Cuadrado tivo unha boa ocasión para darlle a volta ao marcador, pero o seu disparo marchou fóra.

Na segunda parte, o Racing Vilalbés chegou en varias ocasións con perigo á área rival ata que a falta de vinte minutos para o final chegou o tanto do triunfo, obra de Jose Varela nunha boa incursión por banda. Nos últimos intres o Sofán inquedou aos chairegos con balóns colgados á área. Xa no tempo de desconto, o colexiado anulou un tanto de Cuadrado por fóra de xogo.

A Sarriana salva un punto sobre a bocina na súa visita ao Pepe Barrera (1-1).

O derbi provincial non decepcionou. A melloría do Ribadeo desde o comezo de liga é un feito e foi un rival moi incómodo para o líder. A Sarriana non atopou o seu fútbol e non estivo agusto sobre o céspede na maior parte do encontro. Antón no Ribadeo e Adri Díaz na Sarriana debutaron como titulares e Dapo tamén gozou dos primeiros minutos na súa segunda etapa no cadro mariñán.

Os de Edu Rodríguez tiveron o balón, pero tardaron en xerar perigo diante da porta do hoxe debutante Dos Santos, a excepción dun remate de Gerardo á madeira nunha defectuosa cesión de Prosi ao gardameta. Gerardo foi quen xerou máis perigo na área ribadense obrigando a Dos Santos a intervir de forma providencial e pouco máis tarde cun testarazo que se estrelou no longueiro.

O Ribadeo tivo varias opcións claras de gol, pero Javi Liz estivo soberbio en dúas ocasións claras de Santi. Os de Dani Moirón non renunciaron a buscar as súas opcións á contra, buscando a un participativo Samuel, sustituto na punta de ataque do sancionado Criss.

Na segunda metade escasearon as ocasións de gol ata os últimos minutos de encontro. O Ribadeo contivo sen demasiados apuros o xogo combinativo da Sarriana que non era quen de sorprender. Tan só Gerardo nunha mala saída de Dos Santos puido marcar antes de que o Ribadeo marcara no minuto 89. Nun saque desde o curruncho Dapo tentou rematar, pero o balón chegou a Iván que cun forte tiro axustado ao pao supero a Javi Liz. Co encontro xa esmorecendo Omar igualou o choque cun testarazo certeiro.

O Santaballés ofreceu unha boa imaxe no empate diante do As Pontes(1-1).

Empate de mérito do Santaballés logo dun longo parón no que os de Juan Rodríguez se viron moi afectados polo Covid-19, e do que aínda se recuperan dous futbolistas

Foi mellor o conxunto chairego na primeira parte, que gozou da ocasión máis clara de gol nas botas de Yago. O remate do atacante marchou fóra xa co porteiro superado. Resarciuse pouco despois cando un zagueiro do As Pontes cometeu penalti e él mesmo o transformou. Preto do descanso chegou o tanto do empate. Un saque de falta rematouno Iván Pérez, que superou a Ivo.

Na segunda metade o cadro visitante levou máis a iniciativa, aínda que sen xerar ocasión claras de gol. Os de Rafa Casanova tiveron que xogar en inferioridade media hora ao ver Iván Pérez o segundo cartón amarelo. Non foi un aspecto decisivo no devir do encontro, que se abriu con opcións para ámbolos conxuntos pero o marcador non se moveu.

O derbi entre Residencia e Lemos remata con igualada na Cheda (1-1).

Encontro cheo de alternativas e con ocasións para os dous equipos. A Residencia dominou a maior parte dos primeiros corenta e cinco minutos e puido adiantarse por medio de Veloso, pero Losada estivo máis atinado no man a man co atacante lucense. Mellorou o Lemos nos últimos intres do primeiro acto e foi quen de adiantarse no marcador cun tanto de Mauro logo de roubar un balón en campo contrario.

Os monfortinos puideron sentenciar na segunda metade con ocasións claras de Sidibé, Mauro e sobre todo unha de Armesto que solventou con éxito Diego Bravos. A Residencia creeu no empate e no último tercio de encontro volveu a facerse co dominio. Chiki puido establecer o empate, pero este non chegou ata o minuto 83 cun tanto de Dani López cun tiro cruzado logo dunha boa xogada por banda esquerda.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 512

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.