#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Sarriana: a melloría dos mariñáns a proba diante do líder

O fútbol provincial recupera paso a paso a normalidade. Despois do gran número de encontros suspendidos a pasada xornada por mor dos numerosos positivos en Covid 19, neste fin de semana tódolos equipos lucenses da Preferente, agás o Escairón, poderán disputar os seus partidos.

Un dos máis salientables é o derbi provincial que disputan o domingo ás 16:15 horas no Pepe Barrera o Ribadeo e a Sarriana, coa arbitraxe do colexiado lucense Fernández Teijido.

O Ribadeo é sétimo na clasificación con 19 puntos. En zona de promoción de permanencia, o cadro mariñán márcase o obxectivo de abandoala nesta segunda volta. O certo é que as sensacións indican que é un obxectivo ao alcance da man para o cadro adestrado por Dani Moirón, que amosou unha boa imaxe nos últimos encontros disputados. Ademáis, conta cos reforzos de Dapo, que afrontará a súa segunda etapa no clube, e Andrés Díaz, ribadense con pasado recente no fútbol compostelán, que axudarán a paliar a importante vaga de lesións do cadro ribadense.

Enfronte estará o líder. A Sarriana cumpre sen escaparse do guión o que se presumía antes de comezar a temporada: ser o gran favorito ao ascenso. O camiño será longo e complexo, pero sobrepasado o ecuador do campionato os de Edu Rodríguez camiñan con paso firme. É certo que lonxe da Ribela non son o equipo dominador que son no seu feudo, de onde non deixaron escapar un só punto. A domicilio, os sarriaos caeron derrotados en tres ocasións (Montañeros, As Pontes e Mugardos). A saída de Mitogo no mercado invernal foi compensada coa chegada do monfortino Adri Díaz, cedido polo CD Barco.



O último enfrontamento entre Sarriana e Ribadeo no Pepe Barrera tivo lugar o 1 de abril de 2021 e rematou con empate a un tanto. Gerardo adiantou aos visitantes e Lucky igualou o encontros no tramo final.

Que opinan os protagonistas?

JACOB (RIBADEO FC)

  • Boas sensacións. «Sen dúbida estamos no mellor momento da temporada. Recuperamos xogadores e, a pesar das baixas importantes que aínda temos, os adestramentos teñen outro ritmo e outro nivel que os de comezos de liga. Creo que podiamos levar máis puntos que os que indica a clasificación, pero teño a sensación que se seguimos nesta dinámica imos perder moi poucos de aquí a final de temporada».
  • A Sarriana. «Teñen moi bos xogadores e a presión de gañar sempre, pero si somos o equipo que estamos a ser o encontro será igualado. Creo que os prantexamentos van marcar un pouco o que vai ser o partido, que o imaxino aberto e disputado ata o final».
  • A inquietude coa Covid-19. «É unha situación estrana. Confiamos en que este encontro se vai xogar, pero si preparas a semana sin saber ao cento por cento si o partido se poderá disputar non é o ideal. Creo que se debería facer algún tipo de protocolo ante certas situacións. O primeiro é a saúde nosa e dos nosos, pero deberíase atopar un termo medio, algo razoable en canto á situación na que estamos e tendo en conta que temos que mirar cara adiante».

BRAIS (SD SARRIANA)



  • O retorno. «A verdad é que é un partido especial para min. O Ribadeo é un club donde pasei bos momentos e do que gardo grandes recordos. Ademáis conservo varios amigos da miña época alí e teño ganas de velos. Ademáis é a primeira vez que vou xogar ao campo novo en partido oficial, e quero levar os tres puntos para Sarria.
  • O Ribadeo. «Coñezo a case tódolos xogadores e sei que son un equipo que nunca che pon as cousas fáciles e si están ben é complexo gañarlles. Agardo un equipo forte e perigoso á contra e balón parado. Logo depende do que propoña o equipo en ataque».
  • Adaptación á Sarriana. «Estou moi contento porque desde a última temporada no Ribadeo non tiña a continuidade que estou comezando a ter aquí. Cando non xogas nun tempo aprecias esa confianza que depositan en ti e quero devolvela en forma de bo xogo. Ao comezo costoume adaptarme ao estilo de xogo porque nunca xogara dunha forma tan combinativa, o que conleva unha maior concentración, pero pouco a pouco voume adaptando».

a axenda

PREFERENTE

  • Santaballés – As Pontes (Domingo ás 16:15 horas na Liga): encontro de proximidade no que os chairegos teñen ocasión de achegarse ao seu rival se conseguen os tres puntos. Os de Rafa Casanova chegan logo de golear ao Escairón a pasada xornada).
  • Residencia – Lemos (Domingo ás 17:30 horas na Cheda): os de Dani Galán buscarán a ansiada vitoria para comezar a mirar cara arriba diante dun conxunto monfortino acomodado na zona alta da clasificación.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • Taboada – Portomarín (Domingo ás 16 horas na Medela): o cadro local buscará tres puntos que os volvan a enganchar coa zona alta da táboa. Enfronte estará o líder, que baixa enteiros lonxe do seu feudo.
  • Burela – Lourenzá (Domingo ás 16 horas na Marosa): os dous equipos atópanse empatados a puntos. O que resulte vitorioso estará máis preto da zona de permanencia.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Iberia – Cabreiros (Domingo ás 16:15 horas nas Valgas): o conxunto de San Miguel, logo do seu triunfo da pasada xornada é segundo na táboa. Un triunfo achegaríao ao seu rival desta xornada, líder sólido do subgrupo.
  • Muimenta – Fonsagrada (Domingo ás 16 horas no Pichón): terceiro contra cuarto. Tres puntos vitais para achegarse ao intratable Meira e, sobre todo, para escapar da zona de perigo.
  • Paradela – Páramo (Domingo ás 16 horas no Gandarón): o conxunto local defende a segunda praza diante dun rival que só conta con dous puntos menos. O que logre os tres puntos achegarase ao Becerreá, que descansa nesta xornada.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • Comercial – Cazás (Domingo ás 18 horas no Rodríguez Lago 1): tan só dous puntos de diferencia na clasificación entre o conxunto local, segundo, e os chairegos, quintos, que non é quen de vencer lonxe do seu campo no que vai de temporada.

PRIMEIRA GALEGA FEMININA

  • CD Lugo – O Val (Domingo ás 19:30 horas na Cheda): as lucenses, segundas na clasificación poden achegarse ao liderato se acadan os tres puntos diante do pechacancelas.

Foto de portada: María del Mar Sabín.

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Sarriana: a melloría dos mariñáns a proba diante do líder

A cor amarela loce no norte da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *