Os Máxicos puxeron punto e final a unha temporada de fortes emocións. Algúns co obxectivo no peto, outros con bágoas… pero dende hoxe xa están pensando na videira campaña.
GRUPO DESCENSO 1:
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Captura-de-Pantalla-2022-05-30-a-las-21.07.55.png)
San Lázaro 0-3 Pastoricense: un San Lázaro escaso de efectivos pechou a temporada ante un Pastoricense que necesitaba a victoria para eludir o descenso. Tras unha boa posta en escena, os visitantes encarrilaron o partido. Nada puideron facer os locais ante a versión máis sólida dos do Acebreiro, que se centraron en non encaixar, sentenciaron o choque, e agarbaron outros marcadores. Finalmente, o Pastoricense seguirá un ano máis en Primeira.
Sporting Pontenova 1-1 San Roque: mantuvo a categoría o Sporting e perdeuna o San Roque logo dun choque intenso no que os locais comezaron mellor e anotaron un gran gol no primeiro cuarto de hora. Pero os visitantes reaccionaron e lograron a igualada por medio dun córner directo antes do descanso. No segundo tempo a igualdade foi a tónica dominante, pero o San Roque contou cun par de contragolpes nos que puido anotar e levar os tres puntos da Mina. Porén, a falta de efectividade por parte de ambos bandos non permitiu ver máis goles.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Folgueiro 1-2 Monterroso: o Folgueiro perdeu a categoría tras ser derrotado polo Monterroso no Vicedo. Os visitantes, que non se xogaban nada, aproveitaron os nervios locais e a súa propia tranquilidade para chegar ao descanso mandando 0-2. No segundo tempo mellorou o Folgueiro, que recurtou diferenzas e a piques estivo de sacar algo máis, pero a necesidade apretou de máis aos do Vicedo, que non conseguiron puntuar.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Captura-de-Pantalla-2022-05-30-a-las-21.06.40.png)
GRUPO DESCENSO 2:
Xove Lago 2-1 Alfoz: comezou mellor o descendido Alfoz ante o necesitado Xove, e de feito os visitantes adiantáronse no marcador. Porén, o Xove -consciente de que tiña que ganar- deu un paso adiante no segundo tempo e conseguiu unha heroica remontada na recta final que lles permitirá seguir un ano máis na Primeira. O ímpetu local foi suficiente neste caso para que o domingo se convertise nunha festa no Municipal.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Friol 2-4 Outeiro: un gran gol de Rafa Casanova no primeiro minuto puxo por diante ao Friol. O experimentado xogador colleu adiantado a Alberto e anotou desde o medio do campo. Os visitantes reaccionaron e fixeron tres goles moi seguidos na recta final do primeiro tempo, 1-3. A segunda parte tivo menos ritmo, pero o Friol adiantou liñas e fixo o 2-3. Porén, de novo o Outeiro respondeu, e sentenciou á saída dun córner, 2-4.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Captura-de-Pantalla-2022-05-30-a-las-21.05.57.png)
Lourenzá 1-1 Guntín: o Guntín non foi quen de pasar do empate ante o Lourenzá nun Santa Cruz que viu como Montxo se despedía dos terreos de xogo. Logo dun primeiro tempo igualado, o Guntín fixo o 0-1 na reanudación e, pouco despois, Montxo fixo o empate. Tras o 1-1, o partido toleou e puido caer para calquer lado, pero finalmente o electrónico non se moveu. Co empate, os do Ladairo dixeron adeus á categoría.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/Captura-de-Pantalla-2022-05-30-a-las-21.05.01.png)