Luca’s Grill e Moreno’s Pizza súmanse ao fenómeno Futbolinlugo

Dous novos patrocinadores que traerán beneficios para os nosos xogadores e seguidores

O equipo de Futbolinlugo ten a enorme honra de comunicarlle que esta casa conta con dous novos patrocinadores. Ambos cun peso específico e importante neste proxecto en constante crecemento.

Desde o próximo martes, os Máxicos da Primeira pasarán a chamarse Máxicos Luca’s Grill. E o mellor xogador do mes na categoría levará un menú cunha das mellores hamburguesas da cidade amurallada como agasallo. Recordamos que os votos son sempre emitidos polo equipo rival. A competencia e a carne están servidas!

Pero non é a única nova que traemos. Recomendamos aos nosos seguidores que estén atentos ás redes sociais, xa que grazas a Luca’s Grill sortearemos de cando en vez tamén menús para os fieis ‘followers’. A presenza deste referente cárnico e hostaleiro remata nas nosas redes e na web, con aparicións fixas na páxina principal durante todo o ano. E en distintas novas das diferentes categorías de maneira periódica.

Fiso Ronda

Mesmo modus operandi que terá Moreno’s Pizza. As nosas redes, a home page e as distintas competicións do noso fútbol recibirán o impacto dunha das pizzerías de renome na provincia luguesa. Grazas a ambos patrocinadores pola confianza depositada.

Moreno´s Pizza

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 779

Deja un comentario