O Celta Barreiros e a SD Becerreá referencia en puntos, con permiso do Oural

A Segunda Galicia xa chegou ás cinco xornadas para a maioría dos equipos. En catro parouse a categoría na zona sur de Lugo grupo 2B. A pasada finde non houbo competición para poder equipararse en tempos ao grupo 2A. Ao haber un conxunto máis neste subgrupo implica un número de encontros distintos. Por iso, na zona máis ao sur o Oural continúa na cabeza.

Nos que si xogaron amosaron de novo a súa intratibilidade o Celta Barreiros e a SD Becerreá. Os de San Cosme chegan no mellor momento posible ao Derbi das Praias con cinco vitorias en cinco partidos. Pola súa parte, o cadro da montaña asina catro triunfos nos seus catro duelos xogados.

Na zona norte, no grupo 1A, o Celta Barreiros superou nesta xornada ao Mondoñedo no Cascabeiro deixando a porta a cero por segundo partido no curso. A vitoria foi sufrida xa que os locais xogaron con dez boa parte do choque e con nove os últimos minutos. Álvaro e Ferro serán baixa para o derbi por sanción.

Fiso Ronda

Na segunda posición está o Cabreiros que se reencontrou cos tres puntos na casa ante a Candelaria. Terceiro é o Iberia que igualou a dous goles no campo do Sanci que ocupa a outra posición que dá acceso a xogar na segunda fase polo ascenso.

Pola zona baixa, salientou o primeiro triunfo da tempada para o Roupar. Ademais produciuse no derbi ante o Xermade que viña de vencer ao Cabreiros. A boa sintonía entre os xogadores quedou demostrada no terceiro tempo.

No grupo 2B, o Meira impúxose ao Muimenta; algo así como se o Tibor quedase por diante da Hermo. O conxunto meirego desequilibrou a balanza no segundo tramo do segundo tempo para levar os tres puntos e ampliar diferenzas na cabeza da clasificación.

O Cospeito é segundo logo de empatar na casa ante o Matela. O Goiriz ascende á terceira praza ao superar ao Guitiriz pola mínima. O gol de Richi resultou decisivo no Ventiño. Pola súa parte, o partido entre o Fonsagrada e o Abadín foi aprazado polo falecemento dunha persoa moi querida no conxunto abadinense.

FINDE DE DERBIS:

A última fin de semana de novemebro trae dous dos grandes derbis deste curso na Segunda Rexional. Á beira do mar xogarase o Derbi das Praias entre o Celta Barreiros e o Iberia no Cascabeiro (sábado 16:15h). Na Terra Chá será a quenda do Muimenta e do Cospeito no Pichón (domingo 16:15).

Neste derbi cospeités salienta a unión entre ambos clubs. Xuntáronse para dinamizar o partido e chamar pola xente. Dende ambos equipos preparan unha gran cantidade de sorteos coa venda de rifas que valerán tanto para o partido de ida como de volta. Premios moi suculentos como se pode ver na imaxe. Entre todos, salienta un de deseño especial para o partido: «A bufanda do noso derbi».

Na zona sur, no grupo 2A, a SD Becerreá colócase na dianteira da táboa clasificatoria ao derrotar ao Páramo e aproveitar a xornada de descanso do Paradela. Xairo cun gol en cada parte asinou os tantos do choque. A pesar dos dous goles encaixados nesta xornada, o gardamallas Chechu do Páramo é o porteiro menos goleado do subgrupo tendo en conta o número de partidos xogados. Na terceira posición aséntase o Sporting Lucense ao derrotar á Mila pola mínima.

Os outros dous partidos resolvéronse con igualadas. O Corgo empatou a un gol co Antas. Mesmo resultado no Tras do Novo entre o Santa Comba e o Palas. O conxunto da parroquia lucense logrou o primeiro punto do ano.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 485

Deja un comentario